29.4.07

libros e outras feiras

anoitece e en dourada estancia, ángel gonzález silencia a cidade coa súa voz en verso armada.
na cociña os chícharos bailan sobre a auga.
e eu percorro o libro. con ambas mans e en todos sitios me deteño poema a poema.
adoro os libros
todos os días do ano bendigo a johann gutenber

e ler poesía en alto.


a cea está case.
ángel está en letra para cantar en domingo.

8 comentarios:

Zerovacas dijo...

Para cantar en domingo e para converter a tarde dun luns en calquera outra cousa. Escoitando a Ángel González acábaseme de parar o reloxo, hoxe, e aínda que todo volverá comezar despois de 47 cortes, hoxe será, xa, outro día.
Grazas por este agasallo, grazas por lembrarme, hoxe, que A.G. é o meu poeta favorito (perdón, Gamoneda).

Ex Traño dijo...

pasei polo teu podcast atlantico i encantoume... o videopoema e sublime, non e coña.
tes moi bo gusto pra as camas musicais i faise muy onirico y agradable, espero voltar i volver a sorprenderme bicos

cuasenorteño dijo...

...comprendí con dolor que jamas,nunca
para mí habría domingos ni esperanza
fuera de tu mirada y tu sonrisa,
lejos de tu presencia tibia y clara.

inventarei un domingo para cada dia e un poema para cada domingo.

osondaxordeira dijo...

grazas polos parabéns, soliño

Alfredo Ferreiro dijo...

Parabéns polo premio, María.

Veloso dijo...

Acabo de saber do Avelina Valladares. Os meus parabéns. Estarei atento á publicación da obra.

osondaxordeira dijo...

eu con iso de que son estradense, síntome doblemente honrada... Un bico e parabéns

( Por certo, lembras aquel recital que fixeramos tan chulo hai anos na estrada??. Pois a casa onde aconteceu era precisamente a de Avelina Valladares )

eue dijo...

Ángel González é un crack.