17.4.07

mdm poetic tour

coa lectura de redondela da semana da marmota quedou inaugurado o mdm poetic tour!! así que preparo maletas e versos e envío correos a toda esa xente amiga que anda desperdigada polo mundo e á que teño tantas ganas de ver.
a próxima cita é este mércores na casa de gz de madrí. os que por alá andades, se me queredes sacar a dar unha volta ou simplemente vir a saudar presentádevos ás 20:00 horas no ciclo estacións poéticas onde lemos miro villar, xavier frías e unha servidora.
e para que quededes todos avisados aquí vos deixo datas e lugares:

madrid 18 de abril
coruña, casa de pardo bazán, 23 de abril
coimbra 4 de maiol
lugo 10 de maio
salamanca 14, 15,16 de maio
e finalmente...
berlín!!! 29 de maio ( acompañada de sarijess e lualdao) !


eu, como o amigo nazoa, afirmo que a amizade é o invento máis grande do home e que creo na poesía e en min mesma porque sei que alguén me ama. e nada máis. voume poñer coa maleta. que tempo fai por madrí?
;)

18 comentarios:

Anónimo dijo...

moita sorte coa xira...igual pra o de Coimbra nos achegamos e así vou tomando nota.
Unha aperta.
Nenooruga

Olves dijo...

Por Madrí está raro: medio llueve, medio sofoca.
Mírele el lado bueno: así al menos se respira.
Apertas

Sara Figueiredo Costa dijo...

Olá, Maria!
Que bom encontrar o teu blog... não fazia ideia que tinhas um.
Não sei se te lembras de mim...deste-me guarida em tua casa há uns anos, quando o Xandre estava em Lisboa e eu voltei a Santiago. Bom, de qualquer modo, onde vai ser essa leitura poética em Coimbra? Pode ser que consiga subir até lá no dia 4.

Zerovacas dijo...

que envexa, carai. Sobre todo polo de Berlín (first we take manhattan, then... you know)

besbellinha dijo...

ole ole e ole apúntome 23 de abril, envéxovos o berlín e hei avisar a un amigo a ver se lle apetece pasarse pola casa de galiZa :)

Pasádeo ben e eso, a conquistar madrí!

mariademallou dijo...

ola a todos :)nenouruga agardo por ti aló, gracias polo parte do tempo olves e a sara claro que me acordo de ti, ven a vernos a coimbra :) a besbe e a zerovacas só dicirvos que se madrí non se resiste... o resto irá indo.

mig dijo...

Sorte juapa, ¿para cando as camisetas do MDM tour? reservame duas, unha pra o dia e outra para poñer de noite.

lourixe dijo...

Aiaiai, a ver se hai sorte e podo ir ao de Lugo! Que me pilla tamén en plena xira!

pipi das meias altas dijo...

Pero como que vens a Coimbra e non diz nada?!!!!
Quedarás en miña casa, por suposto señora!
A ver, anda xa que tens casa comida e unha caixa de viño esperandote no trasteiro, que mais queres?


Bicos jrandes

From Hell dijo...

pero que potra...

gustavo harvey dijo...

chegou vuecencia?

novidades na fronte de Madrid?

espe deixou-che recitar com gheada e seseo?

que bonito es barcelona!

txari dijo...

mimá!, nom paras nom me estranaría que quedases sem combinaçons posibles de letras e tiveras que te pasar á expresión pictórica...

Olves dijo...

¡Joooo!
Al final no pude llegar.
¿Qué tal fue?

mariademallou dijo...

fiu mui ben. divertido ;)

begira... dijo...

ola! contaronme moitas cousas de ti e todas moi boas :) Creo que nos imos ver en Coimbra, xa teño gana de escoitarte!
biquiños

Efory Atocha dijo...

¿Dónde te has metido? Bicos.
Ch.

O´Fartura dijo...

Ola María:
Son Moncho Bouzas, coñécesme da época do Batallón Literario da Costa da Morte, vaia supoño que te acordarás de min.
Mira, póñome en contacto contigo porque son un dos organizadores do ENCONTRO ABERTO DE BLOGERS DE CULTURA MARIÑEIRA que se vai celebrar en Ferrol no marco do VIII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA.
O ENCONTRO DE BLOGERS vai consistir nun acto no que os blogers fan a labor de ponentes e logo debatiremos.
Eu considero que sería moi interesante contar coa túa colaboración. Por favor, ponte en contacto conmigo no meu e-mail monchobouzas@gmail.com e transmítoche máis información e sobre todo a ver se son capaz de convenverche.
Recibe un saúdo dalguén de hai moito tempo e tamén un saúdo mariñeiro.
Veña anímate¡¡¡

arsenio dijo...

Arratsalde on!
Que tal, María?? Vaia axenda que tes! Oe, pois aquí o país dos harrijasotzaileak ben vale unha visita tamén. Ademais, ultimamente ando facendo moitos contactos así que non te asombres se un día recibides invitación oficial para vir botar uns versiños :).

Por certo, acabo de ir polos billetes para Coimbra. Vémonos alá!!