3.4.07

ramboias periféricas

mentres a lúa de abril ou as gramíneas exaltadas por esta primavera xélida ou vai ti saber o qué fan estragos nas hormonas dos blogomilleiros- para mostra o botón das mmmmusicas que está imparable e a entrevista magnífica da besbe aos axentes do fodemillo- unha servidora volve ás saias do océano que a pariu -un pouco asustada, si, porque din por aí que me queren papar ;)- e prepárase para botar a semana entre as xentes de corme, concretamente da man das ramboias periféricas que vos convidan a todos a participar do xaraval do roncudo, xornadas multidisciplinares que contan xa dende onte cun cumprido programa que durará ata o sábado 7. o domingo, declarado logo día de resaca e meditación.

a iniciativa pretende dinamizar a costa da morte - nesta ocasión quedamos na vila de corme- con eventos que van dende as mesas redondas, a proxeción de películas e os concertos ata obradoiros de radio, malabares e artes plásticas, con intervencións sonoras, performances poéticas e musicais, palillada en vivo ou roteiro polos lugares dos percebeiros. un pouco de todo froito da conxunción de varias asociacións e o traballo de moita xente que está farta de aburrirse agardando os programas culturais -ulos?- dos concellos.

o seu blogue ten colgados xa, ademais do programa de actividades, cousas tan interesantes como un paseo sonoro por corme. eu pola miña banda, mañán persónome alí a ver que pasa. non podo menos que dicirvos que veñades porque ten unha pintasa.

...avisados quedades. despois non digades que é que nunca hai nada...

parabéns pola idea, con xente así...dá ghusto.
;)

11 comentarios:

asminhasmulleres dijo...

Só hai que poñer día, hora e lugar. ;-)

Anónimo dijo...

Eu é que non sei como fas e hai partes que nen sequera entendo. E as que non sabes...

besbellinha dijo...

Pois si que está interesante o programa que teñen montado e tes razón, non é que nunca haxa nada é que ás veces non nos queremos enterar. Bicos santeiros nesta semana de pecados.

Anónimo dijo...

conheces isto (apertas):

http://ontherocks.blogia.com

neno congoxa dijo...

ola!
gostaríame ter o tema que preparei para adictas no myspace de un.ser(http://www.myspace.com/unsermusic)...mais se tivera a túa voz sería xa a repera.
¿que che parece?

mariademallou dijo...

mmm ... as minhasmulleres estasme invitando a unha sita? ;)

besbe, ven. non digo máis

anónimo, gracias polo endereso, mui interesante. quedo pensando quen es.

meu admirado neno congoxa... claro que si, o que queiras. paréseme mui mui ben!!!!! falamos por meil ;)

neno congoxa dijo...

bos días.
que bennn!!!
deíxote o meu mail pra ir falando:
unsertorpe@gmail.com
unha aperta

Anónimo dijo...

Mira tu por donde non lle tiña posta cara á rapaza deste blog e agora xa sí. Grazas asminhasmulleres por nos descubrir esta xoia da coroa tan apetecibel. Xa non lle podo quitar ollo. Teremos que facer unha excursión á Costa da Morte a ver como son as percebiñas que alí crecen e escuitar como recitan.

Bicos d'O señor das mareas.

besbellinha dijo...

ai maria, namais por ver aos teus admiradores creo que xa merece a pena ir :)

ghuapa!

mariademallou dijo...

hahahahaha... vente anda, para pasalo ben xuntas ;)

Zerovacas dijo...

É que ides provocando. Mira que facer festas e poesías na semana de pasión. Pero como xa dixen hoxe, agora comezan as-51-semanas-non-santas do ano, unha vez resimidos os pecados (xa sabes que "Jesus died for somebody's sins but not ours" na versión do gloria de p.smith)
Unha mágoa non ter ido.