25.4.07

recuncar sur


conducirei para ir ver aos oruga ao sur e alegrarse en rúa de xasmíns. pero mentres tal día non chega celebro o aniversario dos cravos e aínda máis. hoxe recordei que por estas datas saían do prelo os primeiros versos desta man, cando menos iso poñía na última folla do libro de cal. con eles e cos versos cativos e fermosos de celso fernandez sanmartín, enorme poeta de terra de interior, empezaba a andar aquela aventura de libros pequenos. a datalembrouma hai anos eduestévez, nun xantar na súa casa aínda compostelana e ínfima, onde me regalou o último exemplar que tiñamos localizado.
acórdome como se fora hoxe do que xantamos aquel día edu.
sen embargo nonteño nin idea de en que estaba pensando cando escribía aquelo que agora parece tan lonxe e tan de outra.
é incríble a memoria dos humanos... incríble.

5 comentarios:

sara jess dijo...

e cómo é que agora vas tanto polo sur?

manda saúdo. MORRIÑA.

Anónimo dijo...

Grazas pola promo e polo apoio.
Vémonos entón na Iguana...
Un bico.
nenooruga

osondaxordeira dijo...

Lembra que o luns temos unha cita a iso das oito na ferradura de Santiago.

From Hell dijo...

cousas que pasan na nosa cabeza...

sara jess dijo...

xa está o video pendurado do meu blog. as miñas amígdalas seguen mal. qué pena verte marchar así e non poder darche un biquiño, igual te asustei, pero tiña medo de te contaxiar. a penas podo coa febre e o malestar en todo o corpo. deliro polas noite. faríache graza verme. máñá falto á miña cita, non podo asistir neste estado. collerei un tren de ida e volta o luns.así que te deixo as chaves na casa. xa te chamarei mañá. beijo.