11.4.07

sábado de gloria

e foi o sábado cando os poetas chegaron a corme para recitar na lonxa unha hora máis tarde do sinalado. e xuntáronse no lugar unhas poucas persoas, entre elas escollido público, que escoitaron os versos de estradas de suso bahamonde, acompañado na guitarra por gonzalo, lucía aldao, os irmáns creus, paco souto, o convidado alemán christoph werthmann e unha servidora. e si, foi todo algo raro, cos creus sen camisola e os músicos acompañando o recitado con ruído de vasoiras, pero bonito. e para máis señas , e para os incrédulos, en breve haberá videos á súa disposición.

o domingo, xa saben, foi de resurreción e realmente un milagre. despois chegou a semana e o martes levounos ata o teatro. factoría estreou musical e poden velo aínda esta semana.
pero iso, xa é cousa doutro evanxeo.

amén.

7 comentarios:

TXARI dijo...

enveja de quen puido de todo iso derrochar tempo polo corme dos ventos feridos e os persebes como dedos "matapuljas"...

Zerovacas dijo...

O feito de non ter ido, pero de desexar ter ido, ¿exímeme do pecado? Xa sabes que estes pecados de pensamento son malos de carai

mariademallou dijo...

mmmm reflexionarei sobre iso, zero vacas, iso debe ser pecado de pensamento e omisión todo xunto.
;)

Silvio Falcón dijo...

MENSAXE DE PETICIÓN DE ADHESIÓN AO BLOGOMILLO:

Amigos e amigas, coido que todos denunciamos aqueles que destrúen o noso medio natural.

Actuemos, movámonos contra o que está á pasar en Tomiño!

O blogomillo ten voz.

http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/04/realmente-noso-movmonos.html

Unha aperta

david rubín dijo...

feliz cumpleaños.

d.

pipi das meias altas dijo...

Antes de mais: FELIS CUMPLE!(PERDOA O ATRASO QUE HAI TEMPO QUE NON CONTO OS DIAS!). Despois hai que dicelo que vos si sabedes como montalas, si señor estou esperando com moitissimas ganas por esses prometidos videos!
Por fin, teño unha cadea nova para vós: Músicas para despois da noite(ese tempo en que perdes a vergonza, mais ou menos despois do Forum e xa no Maycar),a miña lista xa existe!

BBBBBBBBBIIIIIIICCCCOOOOOOSS

Danny Raatzke dijo...

A todo isto felicidades, e...
Quero ver eses videos xa! jajaja
nada, que me gustaria velos para recordar...