9.4.07

venres de paixón

carta da apóstola de mallou aos seus discípulos.

queridos discípulos, pídeme o corpo penitencia de descansos e confesión sen arrepentimentos do acontecido en venres de paixón e sábado de gloria en corme, ao abrigo do xarabal do roncudo, a onde chegaron os seguidores da boa nova das ramboias periféricas para celebrar o milagre da improvisación, camiño certeiro para alcanzar a madrugada eterna. deste modo chegaron en venres ao lugar indicado, para máis señas o bar de lao, e alí atopáronse con xurxo, mig e nacho que viñan das terras de alg-a.
e era corme un lugar onde por esas datas se celebraban desfiles nas rúas e un home saía cargando unha gran cruz para burla e escarnio dos que ao seu paso se xuntaban. E en canto esta insulsa representación teatral rematou, comezaron os de alg-a a enchufar cables e afinar os seus instrumentos. e xa todos os presentes estaban inquedos e escoitábase un ruxe ruxe nervioso no garito, cando mig abreu a noite con imaxes de explosións nucleares que seguían como ovellas a pastor os acordes que sacaba da súa guitarra, todo por obra e gracia dun software da súa creación que fixo as delicias dos máis friquis dos lugar entre os cales se atopa quen vos fala.
unha vez rematado isto, os tres músicos comezaron a tocar con intención de non parar en varias horas. e así foi. nacho ao piano, xurxo á percusión e mig á guitarra e as proxeccións e así estiveron un bo anaco regalándonos musiquiña ata que entre os presentes comezou a arder a chama do eutamenquerosaírafaceralgo e os espontáneos comezaron a desfilar por diante do micro. e apareceron recitadores, cantantes e outros artistas da oratoria. e tal foi así que mesmo unha zanfona se uniu ao concerto e soaron cousas que deixaron a todos sen alento e con ganas de máis. tamén pasou por aquela altura que aldao cantou coma santa cassia e tocou como san lou, o pequeno dos creus recitou e unha servidora fixo o mesmo. e despois todo se volveu unha loucura, un arrebato un frenesí... e un mozo ao que chamaban chocolate, artista local por descubrir como a el lle gusta nomearse, improvisou letras iluminado pola estrella de galicia e outras substancias de natureza etílica.
E ocorreu tamén que o noso benefactor suso lista tomou o micrófono en man para anunciar que os necesitados de descanso podían acubillarse na súa residencia como certamente ocorreu non moitas horas despois. así foi que alá polas tres da mañán, cando xa me debatía eu entre a tentación das sabas ou outro quinto, saía a facer versos un dos da crew. e alí o deixei no momento no que me retirei a un merecido sono que reparou o xusto para un madrugón.
e por iso e por outras cousas que non veñen aquí ao caso pero que se contan polas tabernas foi aquela noite nomeada como de venres de paixón. e a ela seguiulle o sábado de gloria que paso a relatar no seguinte capítulo.

11 comentarios:

gustavo harvey dijo...

Bendita tu és entre todos os roncudos e bendito o fruto do teu ventre cheio de Estrella Galicia. Amém!

Essa noite vim a luz.... e apaguei-na!

asminhasmulleres dijo...

Tivo que ser todo un espectáculo

nenodanorita dijo...

En troques eu, tiven a sorte de que o Xoves Santo "día del amor fraterno", coñecín a María de Mallou "in person".
Un bico

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Ai oh, dádesme envexa, "venres de paixón, sábado de gloria e domingo de resurrección", tivéstedes de todo por eses andurriales.
Vaia espectáculo, xa me gustaría a min ter asistido a esa semana santa tan particular.
un saudiño.

Sugar Kane dijo...

A levar vida religiosa. Como tem que ser.

"Dios te salve, María, llena eres de gracia"

R.R. dijo...

¿O sábado? Onde se conta o do sábado?

besbellinha dijo...

ahahahaha así si que da gusto ser santa, beata e mesmo virxe. viva la semana santa!

estibaliz... dijo...

vémoste moi penitente, pero que moi penitente.

Vas ter que saír por aí a troulear un pouco.

Que ben o pasades, carallo

A rapaza do arco dijo...

Pois coa que se debeu montar, o sábado máis que de gloria había de ser de resaca ;) Unha semana santa produtiva produtiva, así mola, e até nin importa cargar coa penitencia que che poñan.

Olves dijo...

¡Cómo lo pasan ustedes por su tierra!
Saudiños

Anónimo dijo...

Saíu todo unha merda, non sei que carallo andades decindo. Pintando as paredes do pobo, sen permiso, decindo que facedes na ribeira o concerto sen facelo, non acudides ós obradoiros de sonido. Polo que vexo sabedes darlle ben a torta, estou moi defraudado con vós.