11.5.07

A-6 , 140



palabra de muller que foi unha delicia atoparnos de novo. encherse o coche - desta volta non era o forito repintado de minio- de conversas, encontros e regalos. palabra que foi unha lectura bonita e familiar esa que nos xuntou, o agasallo de luzdarriba e os nosos versos colgados das árbores, o pirata de papel que maría trouxo a conta do xuízo do cineclube , a explicación nominal da orixe de yare, as confesións sobre método de escrita de enma, a celebración de tanta felicidade enunciada nunhas poucas- ou moitas- frases que soan a loucura cando caen na miña boca.

palabra de poeta que o paso ben. que me gusta o verso e a amizade.

palabra que me prestaba a sala aínda baldeira azul e verde.

:)

5 comentarios:

From Hell dijo...

A-6,140... Aznar está orgullosa de ti.

mariademallou dijo...

hahahaha seguro que si! aínda que máis ben estaría orgulloso de estíbaliz, que era a que lle pisaba;)

Anónimo dijo...

"Recitar despois de Maria, é como subir ao cenario tras Bob Dylan" afirmaron en Maniños. Noraboa polo recital. Ver noticia en www.radiofusion.eu

Dario dijo...

Gracias polo de onte!!!.A xente quedou contentisima com todos,moi especialmente com Maria.
Sinto muito nom poder estar mais as cuestions laborais som asi.

TXARI dijo...

ás vezesa as ausencias e os silenzos tambén son bonitos, pero olho ao coche que a túa sería verdadeira perda!!!!