18.5.07

sempre nos quedará maniños


para xuntarnos e brindar pola amizade. para que cheguemos a terra de poetas e arsenio nos reciba con cuncas de café e paciencia. para que vaian aparecendo pouco a pouco eduestévez, xiana, dani, o leo, despois mario e lorena, e amigos e familia que cada un trae en tropa.

sempre nos quedará maniños e o salón dos amigos do pote ecoando versos e chichinear de cristal tinguido en viño. o pracer de escuitarvos. as palabras benevolas do neno do ático.

tamén sempre nos quedarán as ortigas de xiana marcando o final da tarde, o leo portando guitarra, o gaiteiros alongando a hora da cea, as copas en ferrol, a volta a casa.

e ese pote de cerámica. coroando a cima da televisión ;)

14 comentarios:

Dario dijo...

Gracias Maria.Toda a xente coa q falei do recital falame maravilhas del,do muito q gustachedes.
Sinto muito nom poder recibirvos aqui.

mariademallou dijo...

eu tamén sinto non terche visto. eras o que faltabas.muitas grasias a vós por tramar isto. fui xenial
;)

Mr Tichborne dijo...

haberá sitio para o pote enriba da tele, a carón da bailaora andaluza e o touro? ;)

Manuel Lôpez dijo...

Antes de nada un saúdo. Acabo de atopar este blog pesquisando pola longa comunidade de blogs galegos. Agardo entrar mais decote.

Mario dijo...

Oes, que tamén a iconografía soviética pasou de moda e parecía kitsch. Por certo o que se bota en falta é a ligazón ao blog de Lorena, coma sempre. Un saúdo, foi un pracer que viñeses ver as miñas Ítacas, aínda que non quedases a probar o viño.

arsenio dijo...

Ola María :)
Moitas grazas por falar de Maniños e do Pote. Foi un recital guai e queda gana de facelo máis grande o ano que vén (preparádevos poetas, cantantes e contadores de Gz). A única pena que me quedou foi non poder quedar con máis calma e ensinarvos mellor o local, o parque, os arredores...

Eu particularmente aprendín moito. O de facer de presentador por primeira vez fai que chegues a empatizar un pouco con personaxes coma Gayoso ou José Luis Moreno. Toda unha experiencia.
P.D.: Todos xenial, pero que grande é Leo!

A Raíña Vermella dijo...

Pasámolo moi ben tamén dende o público do recital (cousa que non sempre se pode dicir)e na esmorga posterior. Mágoa que non puideras quedar á festa posterior, e que o cineclube en pleno emigrara a unha Compos inundada. Para o ano hai que montar un recital-festa, xa directamente. Un bicazo.

mariademallou dijo...

eu tamén o pasei xenial, fui unha tarde mui fermosa. lamento ter marchado no inicio da carallada. prao ano...máis.
ghrasias a todos:)

xiana dijo...

ala!!!! que chulo! (viva, viva!)

O Leo i dijo...

Un día máxico, deses que logo botas a ollada sobre a ría ou Pontedeume dende o coche e vénche un arreguizo do fermoso que ás veces é vivir.

Pásoo quinindiola convosco

iago dijo...

Es a miña poeta favorita desde que en 3º da ESO, quedei namorado de cuqui, ese osiño de peluche tan adorabel. Antes de nada un saúdo e xa que por fin atopei o blog pasareime por aqui de cando en vez. Un bico!

mariademallou dijo...

ola iago:)
benvido

;)

ohqtordv dijo...

chego tarde? foi total recitar con todos vós. e estar a tope no bautizo da criatura da xiana. que linda é!

quero moitas festas desas!

TXARI dijo...

envidia, da sana...da que nom dá nem cura enfermidade...e parabéns, um capacho de parabems!!!