22.6.07

alugueiros antigos

É aí, nesa rúa que sube. A partir desta liña a cidade sábese vella e proletaria, as trandeiras equilibran lencerías desgastadas entre as antenas. Todo está cheo de gaivotas. Aniñan no alto dos edificios.

Este é. O noveno onde madamme Satén gañou a magnitude das boas de plumas e as sedas vermellas. Non está baldeiro aínda que llo pareza. Escoite. Aquí había alfombras que silenciaban os pasos de baile, portas acolchadas que enganaban as risas e teas que impoñían miopías ao desexo. Todo permanece intacto.

Foi aquí onde moitos anos cultivou madamme Satén vaporosas imaxes de delicias. Ela, que foi ama de casa clandestina que citaba ao sol nas súas persianas. Por iso no noveno hoxe as fiestras aínda saúdan cun ollo chiscado ao patio das sabas de franela.

- Que tristes veciños de ule e vichís, fillas de saias tabladas!

Pero no noveno non. Ao noveno chegara o imperio da china en pocillos de papel de arroz. Entraran de estraperlo os aromas dos tés máis escollidos, adormecera a mapoula as intencións dos que bicaban a madrugada. Aquí mesmo as verdades eran nomes de portos en linguas estranxeiras.

- O noveno de madamne Satén. O mellor bordel dos sete mares.

Ela, dos seus peitos de nai, dou de beber aos homes sedentos do mar. Ata que coñeceu a quen amar tanto. Pero todo foron promesas de salitre que secaban ao sol, que nunca se cumprían. E el deixou de visitala cada ano. E ela sentiu a perda tan profundamente que chegaron a acumularse os días e o local entristeceu. Os mariñeiros deixaron de acudir ao seu canto de sereas. Amarelaron as fotografías douradas.
E madamme Satén comezou a recoller o seu corazón de cristal.
Abandonou o negocio o mesmo que a vida a abandonara a ela.

- Esta casa e eu, ambas en ameaza de derrube.

E agora vostede pense se será quen de habitar este corazón en profunda derrota. Advírtolle que a vivenda ten moita humidade.





postpost: este contiño e eu imos esta tarde a ourense :)

54 comentarios:

neno congoxa dijo...

Boísimo relato.
Parabéns.
Bicos.

David Paz Nóvoa dijo...

Noraboa polo premio, fermoso relato.
Saúdos

Oulego dijo...

Noraboa polo premio Carlos Casares. Que o pases ben no Liceo. Un fermoso relato.

arume dos piñeiros dijo...

Noraboa.

Iria dijo...

Xa me gustaría ir co conto e máis contigo.
Apertas.

ghanito dijo...

encántame!

torredebabel dijo...

fermosísimo, conmovedor, ben merecido non so o premio senon as cousas bonitas que di un dos xurados no seu blog feito de uvas. Parabens Maria!

nhusko dijo...

Emociona ler cousas coma esta. Parabens rapasa

marcos valcarcel dijo...

Repito hoxe os meus parabéns dende AS UVAS NA SOLAINA. Foi ademais un pracer escoitar nas interiores terras aurienses o engado dos teus acentos fisterráns, con geada e seseo, que moito gustaron por estes lares.

lourixe dijo...

Adorei o relato. O que me causa intriga é o lema co que te presentaches. Coñeces esta blogger?

mariademallou dijo...

o nome de anabell lee está tirado dun tema de radio futura, que ao tempo o saca dun poema de poe.
;)á blogeira non a coñecía. agora si ;)

Anónimo dijo...

Noraboa. O CC estaría moi orgulloso si poidera lelo o teu relato.

Mr Tichborne dijo...

Parabéns!!! Agardo que os do Liceo che trataran tan ben coma ó Oulego e a min o ano anterior. Fermoso conto, abofé que é un premio merecido.

unha aperta

pipi das meias altas dijo...

Moitos parabéns!
Cando o celebramos?
Bicos jrandes

besbe dijo...

sempre chego tarde, noraboa!

Marimar dijo...

Só me asomo a esta fiestra para berrar de rabia e de noxo...por que se premia un relato que pasa dos 1800 caracteres cando as bases marcaban que non sobrepasase dos 1500???
??????????Coma sempre nestes casos, ninguen será quen de dicir nada, ou sairanse por peteneras.
Sería bo para todos que se empezase a ser máis riguroso.As bases son as bases, e sono para tod@s.

Anónimo dijo...

Anda, pois é verdade. Sobrepasa os 1500 caracteres. Non cumple as bases do concurso. ?????

Ex Traño dijo...

guau... Carne de Jaliña
vibrante, encantoume....

Marcotte dijo...

Comprobeino e é certo, imcumpríronse as bases...sento o mesmo noxo do que fala marilar. ¿Cómo é posible? ¿Para que se fixan unhas bases se non se van cumprir?
Mirade o punto número catro en www.liceodeourense.com

Zerovacas dijo...

Encantoume.

Noraboa

sara jess dijo...

creo que aquí hai alguén que se confunde, e contan tamén como caracteres válidos os espazos engadidos entre palabra e palabra. e creo tamén que o dos 150 caracteres é unha referencia para que a xente non envíe relatos de tres páxinas cando o que queren é relatos dunha.

xa podían invertir o tempo de contar letras en escribir relatos. ighual saían boas cousas...

sara jess dijo...

por certo, Anabell Lee é tamén o nome da que fai de moza do personaxe de Buster Ketaon na peli "el general". lin a sinopse da mesma o outro día andando pola costa da morte e fíxome graza.

Veloso dijo...

Felicítote polo premio e polo relato. Levas unha racha estupenda. Que dure.

mariademallou dijo...

muitas grasias a todos polas felicitacións. gracias tamén pola lanza partida, sara. eu paso de entrar na polémica absurda porque ademais é decisión do xurado, que decidiu o premio por unanimidade. en fin. que paso

se dijo...

se

Un concursante estafado dijo...

Al margen del amiguismo y peloteo que se respira en este blog, quisiera explicarme. A saber: Una de las máximas responsables en este hecho eres tú misma, María Lado. Si no quieres entrar en polémica es porque eres cobarde. ¿Leíste las bases? ¿Por qué entregaste un relato de 1850 carcateres? ¿Fue mala fe? ¿Pasotismo? ¿O quizás tu Procesador de textos no tiene contador de caracteres? Uno no sólo escribe para peinarse y para relucir. Uno debe defender lo que escribe, cómo lo escribe y por qué lo escribe. Aunque siempre es más gratificante que a una le lubriquen los oídos los amiguetes en un blog. Pues no. Tu relato no es meritorio del premio, ya que incumple las normas; mereces que el premio te sea retirado, sin más.

trueno dijo...

Pra Sara Jess: mais favor lle farias a maria estando calada. que vai dicir unha colega? pois si que vos uniu aquela viaxe a Berlin, eh!

bo de ler dijo...

¡Carai! Cómo te siguen, María. Eu creo que hai unha persoa aquí con moitos sobrenomes e unha certa frustración literaria. Anímolle a que colgue o relato que enviou para que o poidamos ler, e ver a súa calidade literaria. E así entenderemos facilmente por qué non levou o premio. E pasaría de contestar nada máis. A mala hostia non merece destes esforzos: é como falar cara as paredes.

bichiña dijo...

tranquila miña rosa, ti vales moito , non fagas caso de nada do que digan aquí , ti es a gañadora e punto, e se houbo neglixencia é cousa do xurado.
bicos jrandes , temos un cafe pendente, lembrao

Dionisia dijo...

O mellor que poder facer é o que fixo Valcarcel, elimina o post e aquí non pasou nada.
Eu e uns cant@s seguiremos dando guerra con algo que a todas luces é inxusto, aínda que se nos pechen as portas dos blogs.
Berrar é o que nos queda.

Mr Tichborne dijo...

Só quería engadir que eu participei no concurso (gañei o accésit o ano pasado) e que non me sinto para nada estafado porque María o levase.
Sentiríame se o conto fose malo, ainda que cumplise o do límite dos caracteres. De todos xeitos, esa é unha interpretación do xuri, a el deberiades protestar, non á gañadora.
E antes de que se me acuse de amigueo, non me une ningún vencello de amizade con María Lado. Ainda non tiven o pracer de coñecela.

Juanma dijo...

Eu si a coñezo o suficiente como para saber qe ten todo o talento do mundo.
Noraboa María.

xavier dijo...

Noraboa, María. Unha marabilla de texto.

Anónimo dijo...

Con isto de ver tantas persoas a contar palabras, a min déuseme por copiar o texto e pegalo en Word. Despois deille á útil ferramenta de contar palabras e o resultado foi de 1534 caracteres, sen contar os espazos. Con espazos, que normalmente non se contan (xa tería coña que nun concurso literario tivesen en conta onde non se di nada), 1868. Así que se por 34 palabras a máis andades a pedir que se anule un premio, xa é caer ben baixo. Que acontece, quedastes en segundo ou terceiro lugar?
E aviso, non son amiga de María Lado. Vexo este blog habitualmente porque me gustan as cousas que escribe, e máis nada. Xa me gustaría a min que os meus alumnos puxesen nos seus exames 34 palabras a máis ben postas cando se lles pide que fagan un comentario!

Un concursante estafado. dijo...

Y dale que te pego. Que no es cuestion de 34 caracteres. El liceo me dijo por tlfno que eran 1500 con espacios. ( A mi y a otros tantos que muy prudentes, preguntamos)Esa es la cuestión. ¿No se entiende? no me importa 34 caracteres. Lo que me importa es por qué informaron de que eran 1500 con. Y de 1800 y pico a 1500 hay un trecho amigo. ¿ o no?
Pero lo que es más absurdo...¿Por qué nadie admite el error?

un lector del blog hasta los cojones de esta gente dijo...

mira tio eres un puto fracasado que no tienes ni puta idea de lo que son los modales. en tal caso, si tienes algún puto problema, pues se lo preguntas al puto jurado, pero deja de dar la murga ya en este blog, que me tienes hasta los cojones con tus frutstraciones de pringado analfabeto. si tienes tanto problema, que lo solucionen en el Liceo, pero no amargues más a los lectores de este blog, que no tienen la culpa de que seas un fracasado, joder.

pd: y si quieres, yo también te diría que colgaras tu relato en internet. seguro que es una mierda que te cagas. pringao.

david rubín dijo...

Moita envexa é o que hai.
Moito tio que en vez de tentar analizar se era quen o seu traballo de merecer ou non un premio, acollense a teoría da conspiración e así a seguir mantendo o ego ben alto e a seguir considerándose Shakespeares na sombra.

O relato de María e fabuloso pese a quen lle pese, baixo calquer lectura ben ou mal intencionada, e ben merece un premio.

Preocupense mais de seguir escribindo e mellorando, e en vez de contar caracteres con lupa enpregen ese tempo estragado en mellorar a sua prosa.

posiblemente así, quizais, algún dia sexan quen de escribir un relato tan marabilloso coma este de
Maria e quen sabe se con el gañan este premio ou todos os do mundo.

Pero claro, é máis facil contar caracteres que volcar palabras con xeito nun papel.

d.

Anónimo dijo...

Rubín es un friki de moito carallo

Anónimo dijo...

E o anterior a Rubín falando de modais, manda carallo tamén

Mr Tichborne dijo...

Ben, a ver se non perdemos as formas... dígoo polo "lector del blog que"
Iso si, ten razón nunha cousa: María non estafou a ninguén, só escribiu un conto moi bo. As queixas teñen que facerse ó xurado, ou vos currades un blog e despotricades ben nel, pero non amoledes neste, que María dabondo fai con non borrarvos os comentarios, manter a compostura e agasallarnos co conto, que se fose ás agachadas non o tería publicado.

david rubín dijo...

si, si, ...son o que ti queiras, anónimo, de Plutón tamén, se che apetece..., pero alomenos cando falo sempre o fago ó descuberto, que é dun "valente" iso de despotricar dende a barreira e baixo máscara do anonimato...veña,
a coidarse e a tomarse unhas tiliñas, que seica son boas para os nervos, e quizais tamén para curar envexas ou egos feridos...

d.

Anónimo dijo...

o medio médico parece que quere ligar con Lado a todas luces

mariademallou dijo...

tratádevos con respeto ou pecho os comentarios e acabouse a feira.

From Hell dijo...

Eses que vos queixades de que se pasa dos 1500 caracteres sodes ben parvos. O relato é bó e xa está. Non será envexa máis que outra cousa? O dos 1500 carecteres é para que ninguén envie unha novela de 500 páxinas. Non pasa nada por pasarse un pouco. Asi que ide a berrarlles de rabia aos organizadores do certame...

Anónimo dijo...

from hell o xurado estarache moi agradecido con este comentario estilo forrest gump co que os deixas de parviños.
se quixesen relatos curtos, pedirían relatos curtos (sabes? e poñerían nas bases : relatos que non pasen do folio)
Pero non é o caso, pediron relatos de 1500 caracteres.

david rubín dijo...

Postea os teus milquinientos (faloche en termos de caracteres, xa que parece que lles prestas mais atención que a as letras), anónimo, que así rímonos todos contigo do inxusto que foi o xurado ó premiar a maría e non a ti.

ai, mi madriña!!

d.

peixeiría dijo...

se o anónimo este xuntara tódolos pésimos comentarios que fixo, xa tiña páxinas case para unha novela... das malas, vamos. uf, maría, postea algo novo, que este tipo xa fede, e botamos en falta as túas xenialidades.

Paz na terra dijo...

Un pouco de sentidiño e non mesturemos as churras coas merinas.O conto está ben ,non sei se merecedor de gañar ou non porque non lin os outros , en todo caso gústame, pero non cumpre coas normas , condición básica e fundamental , e non hai máis que falar.

Anónimo dijo...

O relato é moi bo, si, mais non cumple as normas. Si o xuri non está para contar palabras...
O autor/a cando se presenta a un concurso asume a responsabilidade de cumprir as bases polas que se rixe. Cando non se cumpren, pois non se cumpren, sexa por cincocentos caracteres ou por 38, tanto ten. Outro anónimo. Os meus relatos, que si os presentei, non eran nin de lonxe como os de María.

Mr Tichborne dijo...

E dálle... parézanos mal ou ben, é decisión do xurado. María non agachou nada, eles ben puideron contar os caracteres. Unha vez que admitiron o conto a concurso, ela non ten responsabilidade ningunha (si a tería se o conto fose un plaxio, non fose inédito, etc, calquera dato que non teña o xuri na man).
Por alusións: o medio médico son eu? curiosidade, ainda que non penso respostar parida de tal calibre. Se tanta inventiva tes, anonimiño, ¿por que non inventas un pseudónimo? Seguro que aburres tanto narrando coma comentando.

Anónimo dijo...

Propoño que empecemos a facer algo máis productivo que escribir eiquí, para que está inxustiza sexa amañada (se a estas alturas é posibel).
Bríndome para liderar a protesta.
Póndevos en contacto: lugarenha@hotmail.com

bouzafria dijo...

Qué bonito. E qué difícil debe ser escribir así de ben. Noraboa polo texto e polo premio.

Ex Traño dijo...

Se alguen ten obxeccions o premio, este otorgao o xurado y as bases tamen din que a decisión e inapelable, polo tanto si tanto respeto y tan ao pé da letra se toman as devanditas bases y o xurado, pois non hay moito mais que falar.
E aquí no blogomillo considerase una falta de respeto opinar sen firmar, asi que ese anónimo aparte de escribir o Lazarillo de Tormes, que mais fixo?
Maria gracias y acordate, non ofende quen quere, senon quen pode

Caufield dijo...

fermoso conto
fermoso cada un dos seus caracteres :)
e nada máis
sigue escribindo sempre, ensinei este blog polo Bairro Alto
un bico