29.6.07

berlin por fanny +alexander


fanny e alexander coñeceron berlín. así naceu o audio book de preciosa música que podedes descargar da regueifa plataforma , onde está tamén a nova edición dixital con deseño reformado do gran rubín e presentación de mario regueira. con el vos deixo:
Ás veces un amante pode ter un ollo de cada cor, como algúns gatos, como David Bowie, ou como o espírito das cidades divididas. Non é estraño, nese caso, que alguén dea en chamarlle Berlín, porque ademais a sonoridade do nome pode traer arrastrado o sabor de certos doces con améndoa e podemos sentilo rebentar na boca en pequenas triscadelas de tenrura. Pouco importa que o escenario do amor sexa a capital contemporánea da nosa poesía. Un amante que ten un ollo de cada cor merece que o seu libro se chame Berlín.

Ás veces unha escritora ou escritor soña con ser arquitecta ou arquitecto, e gostaría de deseñar planos nos versos. Que alguén poida pescar unha cidade mergullada e poñela en orde lendo o seu libro, ou mesmo reconstruíla despois das catástrofes partindo do compás das páxinas ao pasarse. E apesar de que os cinemas arden, os locais fechan ou cambian de nome, e de que algún día até expropiarán as hortas, os parques, ou as prazas, hai unha cidade que non é Berlín que poderemos recoñecer co libro na mao. E descubrirlle de paso o porto oculto e os menceres onde os nomes se escriben deliciosos baixo as árbores.

Ás veces unha voz de muller segue a subvertir papeis na poesía contemporánea, e consegue acadar centralidade para cantar á fatalidade e a tenrura do amor sen complexos. E ao tempo, inventar unha cidade, un can chamado Chespir, un amante cos ollos como Bowie, e a ela mesma e ás palabras. E mesmo un outro, o mesmo, para sempre, (como no disco de Lou Reed), Berlín.

E ti que o leas


todo un regalazo que lles agradezo inmenso ;)

17 comentarios:

Mario dijo...

E ben bonito que quedou. Parabéns.

Moralla dijo...

É onírico, relaxante, máxico...flúe como as follas no ar camiño de Berlín
Noraboa
Y:-)

besbe dijo...

está xenial, parabéns a todos :) (onte quedei durmida)

TXARI dijo...

ummm ghanas daba de irvos a ver...conformareime con escuitalo dende a lonxanía...

Mr Tichborne dijo...

Non sei ainda se é bo ou malo, ando a contar os caracteres ;D
En serio: noraboa. Vouno descargar agora.

Anónimo dijo...

es máis papón có carallo, galenito

neno congoxa dijo...

quedouvos moi guapo...parabéns, agora xa non sei se prefiro leelo ou escoitalo, mellor o escoito outra vez e cando os peliños do meu brazo volten a topar coa tela raiada da miña camiseta decido

Mr Tichborne dijo...

Non entro ó trapo con covardes anónimos. Vai aburrir á xente a outro lado.

Lúa Neghra dijo...

Vivan os amantes cun ollo de cada cor ;)

mariademallou dijo...

gracias a todos os que facedes este berlín :)

Sailor Girl dijo...

Parabéns! Muito bonito!!!

Ex Traño dijo...

cuidadiño co que fas, que calquera se pode namorar dunha voz asi, decindo cousas coma esas....
e que facil parece cando o fas ti.
Bkos e apertas

Ex Traño dijo...

perdon, perdon....
olvidei felicitar tamen os que che fan esa cama musical tan onirica e xenial, clap clap clap, espero que os aplausos se escoitaran ben

pipi das meias altas dijo...

Se estás disposta o reto extendese a ti. Bicos

Roi Buligan dijo...

Hai unha poesía deliciosa nese texto de María de Mallou, logo hei de ler ese audiobook cun nome tan evocador.

Anónimo dijo...

Que bonito é Berlim!
Levo vários dias a escuitar a ediçom publicada pola Regueifa do livro da Maria Lado, Berlim.
Parabéns! A ti e aos músicos.
Bonito de verdade!
Necessário de verdade!

igor

Anónimo dijo...

como me justas ese asento