
maria do cebreiro enviu un regalo polo que agardaba con emoción. o regalo de maría é de papel, os seus dedos corren con caligrafía de letrado polas súas páxinas. hai recortes de xornal que recordan datas, billetes de autobús de viaxes solitarias, anaquiños de cousas a través dos que andar por un ano. é un lugar. unha estación. unha casa nunha rúa portuguesa, o plano dun mundo.
cando a pecho por vez primeira déitoa ao caron das miñas vellas libretas. a chegada da de maría remove un pouco o estante. muda. parace outro. as cousas que sobre el descansan de súpeto aparecen á vista.
collo unha das outras libretas. cando as pecho e se mudan aos estantes o que conteñen deixan de ser notas, poemas, enderezos ou citas.
a illa é un animal de gran peso.
convértense en diarios de feitos que as fixeron abrirse para seren tatuadas. sensacións que gardan sobre o ocorrido realmente e o novelado pola memoria.
nesta hai moitas liñas riscadas. a penas entendo uns poucos versos.
consolo do estranxeiro triste,
as mans de cristal da moza
algúns que despois dun tempo foron ordenándose entre as follas.
impenetrable e fermoso como os espellos de xeo,
o doutro ruso en matemática
impartía clases de piano
aínda que a maioría desapareceron
a pequena, que se volvía máis e máis perversa
consumía aqueles momentos doces
que desaparecían nos días posteriores ás noites
consumía aqueles momentos doces
que desaparecían nos días posteriores ás noites
foron cubertos por listas de recados.
filtros chocolate
luces nadal
recoller plotter
mercar cds
non esquencer chamar
ou nunca chegaron a estar alí. como a fotografía tirada coa vella yassica. nela víase o danubio medrado de auga.esvaído.
a fotografía nunca foi pasada a papel. iso converteuna nun obxecto practicamente invisible. e pouco quedou daquel río na memoria do libro.

15 comentarios:
Arrombando a casa sempre hai agradables sorpresas. E tés razón: hai que pasar a papel muitas fotos dixitais.
ei ma! (preciosa cabeceira nova. e berlinesa, non?)
bico enorme.
ah! dúbida: sanjuaneas?
ola anónima! si a cebeceira é berlines, recordas? heheh
pois non sei se sanjuaneo, porque como ando así como liadiña... mmm
pénsoo e díghoche.
Permítame que sexa o primeiro en felicitala por ter gañado o PREMIO DE MICRORELATOS CARLOS CASARES, do Liceo de Ourense, na edición 2007, que creo xa lle foi comunicado polo secretario do Liceo. Como tamén ando polo mundo blogueiro (www.asuvasnasolaina.blogspot.com) e teño información privilexiada (por formar parte do xurado) permítome transmitirlle a miña máis sincera NORABOA polo seu relato que dende o principio seduciu ó xurado ourensán. Un saúdo cordial e espero poder coñecela en persoa o venres, na entrega do premio.
As primicias das que te enteras blogueando! Bon, non serei a primeira, mais tamén che quero felicitar polo premio!
As miñas vellas libretas... onde estarán? As do colexio, polo mundo adiante, regaláballas a amigos repetidores para que preparasen mellor as asignaturas... As outras, quen sabe, se cadra no faio da casa familiar. Algún día farei unha cata arqueolóxica.
muito bonita a foto, e que pouco reais saen alguns colores nas dixitais, hai momentos n que boto de menos a minha minolta analoxica, e muito bonita a nova cabeceira.
gracias polos parabéns. vexo que marcos fai bo uso da súa información privilexiada...heheh.será un placer visitar auria este venres.
a fotografía do danubio direilles que foi sacada cunha yassica analóxica de formato medio, cun carrete en vísperas de caducidade que tardou máis dun ano en se positivar. tal vez por iso as cores quedaron desa maneira que me encnatou dende que a vin.
saudiños!
escoitei o regaliño de berlín. Chulísimo. Mágoa de máis
un bico groso
alégrome que che gustara. calculo que para a semana que entre xa haberá máis na regueifa.
;)
Canto tempo María, noraboa polo premio.
co ben que escribes, non me ex_traña que che premien, parabens e que veñan os que teñan que vir, pero que te publiquen mais....
a xente que escribe ben deberia ser obrigada a publicar alo menos unha vez a semana... y retribuida claro
bkos
:) felicitarte de novo gracias a marcos valcarcel, e si que da gusto redescubrir letras e sensacións de novo nos papeis, libretas e demais soportes que se presten ao tema. bicos maria e vémonos!
Redescubro o pasado entre as libretas e as follas soltas que habitan nos caixóns de alí abaixo, onde ninguén busca nada...sempre foi así mais agora a miña letra oblicua e ilexible faise perfecta na pantalla que cansa os ollos...boto de menos estrear libreta nova, escribir nos bares e deixar nos poemas pequenas pingas de café a modo de selo.
É un pouco o que pasa coa fotografía...todo tornouse instantáneo, xa non hai espera. Tirar foto-Ver foto.
Moitísimas felicidades polo premio.
Bicos.
Neno C
volve as libretas. teñen un encnato de tacto que a pantalla non regala.
muitísimas gracias a todos ;)
saudinhos
Publicar un comentario en la entrada