4.7.07

eu tamén pirata



xa saberán que os piratas hai tempo que non son eses tipos de perna de pau e ollo parcheado aos que tanto temían as cándidas fillas de gobernadores e que agora abordamos copisterías e outos lugares que dispoñen de sistemas de reproducción e copia. tamén saberán, isto supoño que o aprenderían nas películas, que os piratas somos máis libres que os gobernadores, as nosas vidas máis plenas e mesmo en ocasións, isto depende do filme, temos máis éxito entre as mozas.
sobra dicir que somos uns desalmados que cremos que a cultura debería ser libre, copiamos libros e discos, imos ver proxecións de pelis a centros sociais e non pagamos un can e admiramos o traballo desta xente.
por iso iremos á xornada de cultura libre que o cineclube de compostela preparou para o venres día 6 no seu local, nacida a raíz da recente condena por proxectar un filme.
élles así. inxusto. nós pagamos cánones absurdos que presupoñen que somos delincuentes e os verdadeiros piratas viven a conta nosa. ou como se di popularmente:
levamos a fama mentres outros levan o proveito.

11 comentarios:

bandini dijo...

yo prefiero ser el pirata que le robe el botín a los piratas....

saludos

mariademallou dijo...

:) apúntome a iso, saúdos sr bandini

Iria dijo...

Eu tamén pirata.

mariademallou dijo...

vaia...pois finalmente serei pirata dende a distancia, o traballo atrasado tenme amarrada ao teclado...bluff... que fastidio

Anónimo dijo...

vale, muy bien, me alegro

Marinha de Allegue dijo...

Quen non é pirata??.

Unha aperta.
;)

O procurador de sonhos dijo...

saudinhos!!

Ex Traño dijo...

gustariame deixar aqui unha bandeira
mais non deixa incrustar imaxenes...
en fin AL ABORDAJEEEEEEE!!!!!

MANDALAS POEMAS dijo...

Hola, desde Barranquilla, Colombia, te envío un caluroso saludo y mis felicitaciones por tu blog, pero sobre todo por su contenido. Te invito a que visites el mío en donde están consignados mis poemas. Estos poemas los puedes utilizar si quieres. Espero tus valiosos comentarios y si puedes recomiéndalo con tus contactos.

www.mandalaspoemas.blogspot.com


Un abrazo,


Víctor González Solano

Goio dijo...

Maldita sea, con la de tiempo que pierdo yo ante este maldito monitor, y ahora descubro este blog!!!

A sus pies, a sus pies, por Dios, a sus pies...

Mr Tichborne dijo...

verjonsa vos tiña que dar quitar o pan da boca ós artistasos que erguen este país: Ramoncín, Bustamanta, o Sanz...
piratas, que sodes uns piratas!