30.8.07

así foi, mon

foi que marchastes dese xeito que marchan os silenciosos e sen previo aviso que se presentou o teu sorriso grande a baterme na memoria. non podía o teu recordo vir doutra maneira. chegou exactamente igual a ti, con esa habilidade enorme para alegrar as tardes de ansia nas que tramabamos ser máis felices algún día, co peito aberto en abrazo e as ilusións todas prendidas da túa mirada limpa. presentouse o recordo de ti cargando días nos que porfiabamos por cambiar as cousas que nos tocaran e afundiran, e aínda nos máis duros, a túa imaxe era sempre luminosa. era sempre un claro entre o espeso da vida, unha alegría de encontrarse contigo, un pracer de compartir, de conversar e camiñar ao teu lado.
eres tan grande mon, que por moito que a terra che leve sempre quedarás en nós.

11 comentarios:

gustavo harvey dijo...

Sinto-o

Mr Tichborne dijo...

Sinto a perda do teu amigo. Descanse en paz.

Zerovacas dijo...

Sintóo moito. Ánimo

Ex Traño dijo...

preciosa e apreciada semblanza...
seguro que foi pra un sitio mellor.
animo

cabelodeanxo dijo...

Detesto as despedidas e as ausenzas...

síntoo, de verdade.

bicos.

Por certo encántame cómo escribes.
;O)

pipi das meias altas dijo...

biquiños jrandes nena.

torredebabel dijo...

unha aperta transoceánica.

TXARI dijo...

foi pena nom conhecelo antes, pero lendo isto ganhas daban!!! que fique a lembrança!!...

lto dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
lto dijo...

Les llàgrimes, com la neu, la pluja i els rius, es junten i es dilueixen a la mar, com la mar negre amb la blanca, com la mediterrània i l´atlàntica.
Un bico i una abraçada.

besbellinha dijo...

Sinto a perda.