13.8.07

retornar

poñamos que tomei unhas vacacións virtuais que ían ser uns días e foron un mes. que outras labores me entretiveron e así pasou medio verán e eu fóra desta casa deixándoa ao voso coidado. agora volvo e muitas gracias por me lle dar de comer aos pitos e virme muxir as vacas. sinto coma se retornara da américa coa maleta de cartón amarrada cun cordel. non, non fixen fortuna, pero trouxen un poema
;)

ao chegar ao poema e no primeiro verso, a casa
verás a casa deitada na tarde,
solaina de portas abertas, e con tal luxuria
que na seguinte liña
desexarás ser a brisa que agora entra
e a dous centímetros exactos de caricia
percorre as súas estancias e colma as cortinas.
pero ti,
chamada por unha das palabras escritas máis abaixo,
cruzarás a eira ata o xardín e alí
baixo unha sombra que as follas tezan
sentarás a escribir un poema
no que ti mesma observas o terreo e o edificio e alguén
que chega

é alguén anterior a ti
un home de cabelos grises que garda a casa
pero que no poema é aínda neno e de ollos vivos
que baixo sombra idéntica
e nesta mesma tarde que detén este verso,

senta no espazo exacto, idéntico
ao que ti ocupas,
e no seu caderno escribe
que ti estás aquí
no final do poema

pero que non es a única.

10 comentarios:

paideleo dijo...

Eu non son muito de poemas pero teño que recoñecer que este gustoume.
Un saúdo na túa volta ó blogomillo.

A pirámide dijo...

Benvida. A Pirámide andivo axexando por se había alguén na casa. Agora xa quedamos máis tranquilos.

TXARI dijo...

nom es a única, mais si que es única, bemvida, pois...

gustavo harvey dijo...

francamente.... nom podo viver sem ti

hahahahaha!

perraca inmunda tenho gana de ver-te!!

TheClansman dijo...

ola!

que ben que voltaras (e ademais coas maletas cargadas!).
saúdos dende o maycar, onde falei contigo unha vez
dubido que se lembre
aperta!

Marinha de Allegue dijo...

Da gusto chegar a casinha de novo non si?.

Unha aperta na porta da casa.
:)

Mr Tichborne dijo...

benvida sexas ti e os teus poemas (amén)

Zerovacas dijo...

Benvida, e non te preocupes. A aldea estivo baleira de todo dende xuño. Ti estabas fóra, pero a maior parte dos veciños tamén

dorvisou dijo...

Hoy me veis, mañana no me veréis pero me volveréis a ver...xa o dixo alguén, coido que tamén foi no mes de Agosto, jeje.
É tremendamente reconfortante voltar a sentir o teu alento no minha caluga. Coidate das malas palabras.
Bicos sen máis.

neno congoxa dijo...

Este finde regreso a porcareas e de seguro que vou a Salvaterra..vémonos na muralla.
Un bico e sorte