11.9.07

almorzo


madrugar porque o espertador reclama días que comecen cedo e co sol aínda medio agochado. erguerse só para facer zume de laranxa fresquiño e escoitar correr a auga da ducha . cortar pan e torralo levemente para que a manteiga se deixe ir sobre el con suavidade. abrir a marmelada de mamá e botar coa culleriña anaquiños de amora sobre catro torradas. mentres tanto, facer café e mirar as dúas cuncas virar no microondas uns minutos. estirar o azucre que queda no bote. achegarse á ducha. xogar a botarse auga coa boca. rir muito. almorzar e facer plan triviais. imaxinar os días nos que non teñamos que madrugar. abrazarse entre o quente deste pixama e o calor fresco da pel recén duchada. baixar á rúa e agradecer o sol que medra no ceo. bicarse.

a verdade, durmir media hora máis ou media hora menos non ten tanta importancia cando o almorzo é bo.

;)

17 comentarios:

ifrit dijo...

... e en compañía :)

pipi das meias altas dijo...

que aproveites nena!

Zerovacas dijo...

si, mira que non me gusta madrugar (tampouco me tira quedar na cama, iso é certo), pero ter a posibilidade de erguerse con calma, almorzar de vagar, pensar, mirar pola fiestra, si, é un pracer

O procurador de sonhos dijo...

hehehehe

Está simpático, si!

xd

hormiga dijo...

moi certo.a min gústame almorzar lendo.

Marinha de Allegue dijo...

Levantarse ao ritmo do corpo e almorzar con tempo é moi saudable e marca o ritmo enerxético do día...

Unha aperta
:)

Ex Traño dijo...

non toleo por madrugar, pero con esos planes que propos calquera se arrisca a perdelos...
cando un é capaz de pintar de cores agradables as cousas non apetecibles, convirtese en artista. Gracias por seguir

derrota_do_adn dijo...

Así é un placer facerse vespertino, deitarse con colacao e inventar soños e risas antes de durmir. kaums

osondaxordeira dijo...

o almorzo soe ser para min a mellor comida do día...renego do microondas, pero gústame a imaxe
un bico enorme, mariquiña

TXARI dijo...

mira que haber gemte que prefire um bo almorço a un bo polvo matutino...!! eu por almorçar numca almorço...

cabelodeanxo dijo...

como me gusta o teu poema da natacha...
como me gusta o cotiá nos teus versos...

poesía actual... moderna... sen perder encanto nen lirismo...

¿cal é o segredo para escribir así?
por certo levas algún grupo de teatro en santiago aínda??
é que me gustaría voltar a facer teatro...

Anónimo dijo...

Atención poetas e poetisas. Prepárase para novembro un homenaxe mundial a Pérez Parallé.
Máis información en:
www.radiofusion.eu

Anónimo dijo...

escoiteite o sábado, na nasa. brutal. gustaríame saber si vas facer algún recital máis nalgures, dame igual onde.


(rosdelux@gmail.com)

Anónimo dijo...

http://www.flickr.com/photos/roskis/1446553324/

Lantarou dijo...

Caramba que ben che trata a vida...

Zerovacas dijo...

Manteiga ou "natacha"?
Moi guai o recital de ferrol do sábado, creo que todo o mundo saiu moi contento

mariademallou dijo...

nós pasámolo mui ben en ferrol ;) un público entregado, un encanto.