26.10.07

días alddao




estimada compañeira de fatigas:

non sabes canto me alegra a túa unión con diegodelgado. cada mañá deste outono que non acaba de chegar ao sur, premo o play e perdo o control. porque é un temazo, iso que che fai arrepiar as carnes e se che crava no esternón. ata entristecer presta se ti cantas e diego fai a música. ian curtis restorceríase de pracer ao escuitarvos.

así que seredes finalistas, pero para min xa gañachedes o ceo con este pedazo de versión.

vouna poñer outra vez antes de rematar esta carta, que é só para agardecer que tiverades chegado a este mundo e topado comigo polo camiño.

bicos descontrolados alddao

6 comentarios:

jaime (chofer) dijo...

A min tamén me congratula enormemente que aldao faga esas marabillas, ten esa chispiña que nos falta a muitos.

TXARI dijo...

a verdade é que é moi boa, chegha aonde tem que cheghar, miles de noraboas a estes artistas!!! e a ti por amosarnos do que sabes e conheçes!

Anónimo dijo...

marabillita de compi:
agradecida e emocionada por estas palabras túas. qitei o ordenata dos xeonllos e botei uns chimpos de alegría en canto lin os piropazos.
(fai o favor de collerlle o mobil a jaimechofer, qe lle sale jratis, e explicádeme iso das limusinas, qe no qepo en mi de flipación)
aldao, de alddao.

Lúa Neghra dijo...

Impresionante. É adictiva, xa a puxen unha chea de veces e non dou parado de escoitala, é tremenda!
Foi unha sorpresa escoitala no Porto, aí nunha convención de poetas galaicos con correas de cadelos ao pescozo que houbo hai pouco. Xa daquela alucinei. Parabéns, ghuapa!

Ex Traño dijo...

es un bo referente pra descobrir música electronica, concretamente a tua ultima inmersión nestas leiras encantoume y alddao e moi reconfortante y agarimosa, o que mais me justa.... gracias por compartir amigas e bikos pra as duas

pipi das meias altas dijo...

Dalle os parabéns a Lucia por min e para ti outros tantos polo estreno. Hoxe é o de Ricardo, xa che envío eu algo se sale. Por certo, estás envitadissima, se queres passar a vela funcion en Guimaraes, total te queda cerca. Por certo, outro día atopei Carlos, o que facia os escenarios na carpa e flipei. Sempre atopo un anaco de Galiza por essas terras. Se queres passar chamame ou envia un mail. Bicos jrandes