17.12.07

cálidos exercicios de morriña


era unha cidade do norte e iso, xa saben, imprimíalle certo carácter literario e facíaa atractiva en si mesma. por estas datas as tardes caían en noite con premura pasmosa, abundantes en humedades e paraugas descuartizados nas intersecións das rúas que batían contra o océano. e aínda cando as choivas eran poucas, a cidade afanábase en simular os momentos previos aos temporais e suspendíase o día na incerteza do mal tempo. e iso constituía unha das súas maiores virtudes, convertíaa nunha boa cidade para escribir dende un cuarto sen moita luz natural, quente como habitación de panadeiro ou dende un café do centro, tranquilo e con certa tendencia ao jazz en voz baixa.
eu marchara e deixara aquel lugar dun día para outro, sen despedidas nin anuncios, nin máis líricas que tres caixas de cartón nas que cabía un ano de trastos e roupa de inverno. escollera destino máis ao sur para dedicarme ao mesmo que me dedicaba no norte, basicamente vivir e chegar a final de mes. levaba varios meses ausente e pola cabeza poucas veces me pasaba aquela rúa desdabrigada na que me collían as choivas do inverno á volta do super, nin as voltas que daba para aparcar na cidade alta, nin a pequena librería na que me ofrecían café e conversa, nin a praza daquela españa que fora da leña na que agardaba pola miña comadre cando era de saír. a penas pensaba nos tellados sementados de gaivotas nin nas tardes nas que o sol se deitaba por detrás da torre xusto antes desta cenderse. nunca me detivera a estrañar as rúas estreitas nas que derrubaban edificios antigos para regocixo dos axentes inmobiliarios nin aquelas dedicadas ao tránsito dos paseantes que apegan o naris nas cristaleiras dos negocios caros.
a dicir verdade, nunca me detivera a botar de menos aquela cidade suspendida sobre o océano.
o sentimentalismo chegou despois. unha poeta de voz suave chamou para convidar a unha parolada na que eu comentaba a miña experiencia dixital. por primeira vez en anos, movida por non sei que fibra interior en certa medida sensible ao paso do tempo e ás súas consecuencias, saín da casa moito antes do necesario e cheguei demasiado pronto á nosa cita. aparcaquei onde sabía que atoparía sitio e fixen tempo paseando polo recordo daquela cidade que tempo atrás me acollera no seu ventre. chamei algúns amigos para facer da visita un claro exercicio de morriña. viñeron escoitarme, malia que xa sabían todo canto eu lles podía contar, e despois ofreceronme café nese bar tranquilo de inclinación ao jazz que comentei uns párrafos atrás. aí chegou o que, supoño eu, se buscaba con todo isto.
a memoria é moi puta. escolle de maneira nada aleatoria aquilo que habemos de remoer toda a vida e saca do medio o que non lle interesa para nada andar a remexer. pero un día un olor, ou un sonido ou calquera outra cousa que os sentidos non son quen de trasmitir ao cerebro, pégache na cabeza coma un ladrillo e caes na conta do cravado que tes en ti iso no que nunca pensas. foi naquel bar -igual foi cousa do jazz- onde comecei a estrañar as amizades que quedaran na cidade da que marchara sen arrepentemento nin previo aviso. quen brindaba comigo era unha delas.
falamos de cousas sen importancia, traballos e demais logros e preocupacións vitais. botamos un anaquiño. tomei dúas cervexas das que permiten conducir despois sen xogarse o cárcere. a tarde completouse con dúas novas incorporacións á nosa mesa da morriña. preguntei polas novidades e foi así como cheguei a saber do sonoro maxín e outras festas que a vida preparaba. marchei con abrazos antes do día acabar e dixen ata logo á camareira porque, nese punto da tarde, ata por ela sentía tamén certo apego. preguntoume. díxenlle que xa non vivía alí. agora, expliqueille, vivo nunha cidade á que nunca chegan os temporais e as horas de sol parecen máis.
de volta ao coche buscábame no reflexo das cristaleiras dos negocios pechados. non era pracer por exercitar a melancolía, nin a tristura nin nada diso. era só para comprobar que os cristais aínda devolvían o meu reflexo naquel lugar no que estivera e xa non estaba. unha reconciliación, ou algo polo estilo.
metinme no coche e arranquei sen a máis mínima traza de dúbida. antes de coller a autoestrada dinlle unha volta á cidade seguindo unha das avenidas máis longas. pero cansei en seguida. tal vez xa recordara todo canto había que recordar daquel lugar. despedinme da torre e marchei.
de volta á casa as luces do coche eran camiños insignificantes na escuridade do universo.

30 comentarios:

Zerovacas dijo...

"nunca me detivera a botar de menos aquela cidade"
É curioso, non? Para botar de menos hai que deterse, non se estraña en movemento

Iriarte dijo...

Si el sabio no aprueba, malo; Si el necio aplaude, peor

Anónimo dijo...

ma! preciosa morriña! de verdade, gustoume moito moito moito. vouno ler outra vez, vale? (tamén para recordar...)

mil bicos.
comadre.

Ex Traño dijo...

ay!
canto tempo sen saberes de ti...
eu si que che botaba de menos...
non vexas canto malegrou que sentiras morriña, porque canda un está ben escreve menos y gustame tanto leerche, coma cando iamos despois de ir de marcha,sobre as cinco da maná a aquel obrador pra disfrutar dos bolos recen forneados...
bikos

mariademallou dijo...

;) mmmm bolos recén feitos ás cinco da maña... iso si que é meritorio de nostalxias. saúdos a zerovacas. eu nunca reparar niso do movemento e o estrañar ;)
bicos inmensos á miña comadre.
:)

Rosalía dijo...

Ola María, son Rosalía; quería comentar sobre a entrada "almorzo" pero como me dixeches que non che chegaban ao correo escríboche aquí.
A primeira vez que vin o relatiño non pensei nada, so que era do teu estilo que te identifica. Pero acabo de volver a lelo facendo tempo... e agora dixen: "contra!, pero se eu teño unha entrada parecida, arredor do mesmo tema ou polo menos esa era a miña intención"!
Tamén preguntei noutro comentario o que eran as memes, pero xa o explicaches na presentación do blog!

paideleo dijo...

Boas festas !.

Iria dijo...

Feliz nadal, María

barb michelen dijo...

Hello I just entered before I have to leave to the airport, it's been very nice to meet you, if you want here is the site I told you about where I type some stuff and make good money (I work from home): here it is

pipi das meias altas dijo...

Non conseguiria descrever mellor essa morriña. Parecia que mo sacavas da cabeza!
Feliz vida nesse canto mais a sul!

Moitos bicos

Felices reyes!

PS: dia 7 estrenamos o proxecto do audio-walk!Te envito a disfrutálo aqui:
http://chambresroomszimmers.blogspot.com/

X dijo...

Feliz 2008.

neno dijo...

gostei moito dos dous últimos textos
apertas fortes

Anónimo dijo...

Hola, soy graduado de Letras, soy alumno de la Cátedra de Cultura Gallega y estoy estudiando la colección Poeta en Compostela. No tengo recursos para comprarla, y por eso he contactado a algunos de los autores compilados para saber si podían concederme una versión digital. Fue María do Cebreiro quien gentilmente me sugirió que te escribiera al blog para solicitarte "berlín". Te lo agradecería enormemente.

Anónimo dijo...

Mi correo es rafael.alvarez.r@gmail.com

En realidad estoy preparando un estudio-proyecto para ingresar al Piñeiro el próximo año. Mi tema sería
"la representación de Compostela, como imaginario urbano, en la poesía gallega contemporánea de asunto compostelano". "berlín" coincide perfectamente con mi tema de estudio. Fue María do Cebreiro quien incluso me alertó de eso, pues me envió una ponencia que presentó en Tartu, en un Congreso sobre la Ciudad y la Literatura, donde hablaba mucho de tu libro. Quisiera si es posible y conservas una versión en digital acceder a ella.

sarajess dijo...

adeus Ángel González...

Efory Atocha dijo...

He,he,he,he,he!!!!!
María, que ya es tiempo de contarnos, por lo menos, tus intimidadas, que es lo que realmente importa en el cotilleo. A estirar el time.

Van bicos.

Aldabra dijo...

"a memoria e moi puta", dis ti, canta razón tés.

e eu digo:

os recordos
son como os chuvascos de verán.

chegan fortes
sen aviso previo
teñindo de gris e nubes
o sol do ceo
mollando
enchoupando todo
deixando ó seu paso
unha humidade
refrescante
e o doce sabor
dos instantes
adormecidos.

Aldabra dijo...

noraboa polo teu blog

santos dijo...

A min escribir en galego dáseme mal.

Por eso voy a comentarte en castellano, para decirte que muy bonito todo y que en mi opninión, la morriña, está sobrevalorada.

O sea que está muy bien, la morriña.

Pero ya de primeras te digo: me parece un concepto muy confuso.

Por ejemplo.

Si yo he nacido en Sevilla, he vivido toda mi vida y me voy a trabajar a Madrid, y siento morriña, es algo aceptado por todos, ¿no?

Pero.

¿Y si después de unos años trabajando en Madrid vuelvo a Sevilla, y entonces empiezo a echar de menos la velocidad, la diversidad cultural, el frenetismo urbano de Madrid... yo qué sé?

(¿He dicho yo "frenetismo urbano"?)

Quiero decir... ¿eso sería aceptado como morriña?

Exijo respuestas.

Colectivo Literario Sacou dijo...

ola, MARÍA! deixote aquí esta información que coido que vos interesará a todos

Alguén quere apresentarse a un certame de relatos de aventuras???

Renovamos a web 2 veces ao día polo que compre baixar a barra para atopar as bases

Unha forte aperta do Colectivo literario Sacou, e animádevos!!!

Anónimo dijo...

hola maría, me encanta tu blog , y tu obra toda, he leído berlín hace poco, y lo he escuchado. me ha parecido genial.

enhorabuena por tu trabajo, y gracias por deleitarnos .

Anónimo dijo...

plolasdjasd
asdjkasdj: esto

Clara Flor dijo...

Gostei moito deste blog.Apertas ao lonxe.

ana dijo...

me ha gustado el texto.

ana dijo...

era só para comprobar que os cristais aínda devolvían o meu reflexo naquel lugar no que estivera e xa non estaba. unha reconciliación, ou algo polo estilo.

es precioso.

reineta dijo...

Acabo de escoitar o teu poemario Berlín e acabo de emocionarme taaaaaaanto!!! paréceme tan ben que fales con gheada e seseo!!! En serio, estou contenta pra ti.
E, parva de min, que te lía sen saber quen eras!

Un saúdo, como moito cariño!
Seguirei parando por aquí.

Colectivo Literario Sacou dijo...

un grande poemario ese do que falas

latorredelossueños esmeralda dijo...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presencia.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com

busto.agolada dijo...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008 no singular espazo de Os Pendellos. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com

Anónimo dijo...

Ola, maría, deixei-che umha cousinha no meu blog,
é cuqui lendo um livro.
espero que che guste!
bikos!
;)

séchu