
as visitas, que son poucas, traen sempre que veñen noticias de lugares que por forza resultan descoñecidos para quen non abandona esta casa e os seus camiños. adoitan vir en festivo ou fin de semana, nunca en cotío, porque os días de cotío sonche para traballar e a xente anda apurada. cando veñen o xantar é de domingo, abundante coma en festa. é moito nervio porque cociñar sempre para un faiche perder mañas entre as potas. e hai que darlle algo bo, que saiba. se eu vira para ler cociñaba polos libros. pero non vexo. así que cociño pola cabeza, de memoria. e se o tempo está bo e a humidade non fai quebrar as mans, preparo un flan que se sirve con caramelo e que lle sabe a todo o mundo porque é unha cousa boa, con ovos da casa. e despois aínda hai que poñer a mesa, que é pequena pero... e pranchar manteis, e escorrentar a humidade do salón porque alí nunca se entra. só cando vindes vós. leva toda a mañá arranxar todo iso. e tamén hai que facer café e sacar os pocillos que viñeron na maleta dalgún familiar que cruzou o mar. e lavalos todos, porque nunca se usan, eu nunca os uso. todo ese traballo para un día, ou unhas horas. que facemos? ás veces pasamos a tarde enteira e miramos o pequeno xardín que hai pé da cabeceira, ou falamos mentres tomamos o café ou vemos a televisión. a televisión fai moita compaña. outras veces marchan pronto porque levan apuro. despedímonos á porta, ao lado do xardín onde aparcan o coche. eu vou ata o coche a dicirlles chau. e queda a televisión prendida con toda esa xente falando na casa...
a televisión fai moita compaña. é como ter xente na casa.
a foto é juandelux

17 comentarios:
a televisión é mellor que ter xente na casa... non mancha a cubertería.
Por certo, ¿por qué nunca me das flan con caramelo cando te vou visitar, lurpia?
:-)
eu morro por ter visita. xa cansei da televisión
menuda pintasa ten ese flan!
Que bonito e, sobre todo, que real...
(concordo co Zerovacas)
as visitas fanche sentir anfitrión y eso soa moi feo, ainda que sexa bonito... apuntome o do flan, porque os ovos da casa son o segredo de moitas recetas...
alegria de verte por aqui de novo, bicos
vou facer un salón de xantar na miña casa para cando veñas e se hai sorte recebote con un bolo de chocolate ou repito a receita do flan, que esse lle gusta mesmo a todos, pero eso só cando veñas. bicos
supoño que todos sabedes que ser visita en mesas coma esta tamén é agradecido;)
saudiños
Cando vexo cousas tan perfectas coma ese flan volto a crer en Deus.
Pois a min non me chista un carallo o flan. Imaxino que serás anfitriona de recursos e terás solución para ese imprevisto.
(Non vale dicir que non me convidas á tua mesa camilla
Saúdos dende o Centro da Casatlántica
Si, o flan ten unha pinta...
encántame este espacio.
Saudiños.
Maria asi q ves a Fene este venres,irei a verte.
oes, María. temos que quedar para o de Edu. este venres quedo liberada de curro, ó fin. se viñeras ou viñeses a Compos, se andaras ou andases, poderías avisarme. avisaríasme? avisarás? avisar, avisada quedas. de non avisarme, avisareiche dándoche un toque. non vaia ser que non teñamos de que avisar ó poeta das lentes pequenas do que vaiamos facer, do que fagamos, dos nósos futuros feaceres, vamos. me va la lírica. ;)
F R I K I S
Como deciamos ayer, ahi se tiene:
http://fon.gs/ocqruf/
Un placer, decia!
quanta felizidade dominical!!!!!!
Mmmm, que boa pinta ten ese flan!
Publicar un comentario en la entrada