22.5.07
18.5.07
sempre nos quedará maniños

para xuntarnos e brindar pola amizade. para que cheguemos a terra de poetas e arsenio nos reciba con cuncas de café e paciencia. para que vaian aparecendo pouco a pouco eduestévez, xiana, dani, o leo, despois mario e lorena, e amigos e familia que cada un trae en tropa.
sempre nos quedará maniños e o salón dos amigos do pote ecoando versos e chichinear de cristal tinguido en viño. o pracer de escuitarvos. as palabras benevolas do neno do ático.
tamén sempre nos quedarán as ortigas de xiana marcando o final da tarde, o leo portando guitarra, o gaiteiros alongando a hora da cea, as copas en ferrol, a volta a casa.
e ese pote de cerámica. coroando a cima da televisión ;)
11.5.07
A-6 , 140

palabra de muller que foi unha delicia atoparnos de novo. encherse o coche - desta volta non era o forito repintado de minio- de conversas, encontros e regalos. palabra que foi unha lectura bonita e familiar esa que nos xuntou, o agasallo de luzdarriba e os nosos versos colgados das árbores, o pirata de papel que maría trouxo a conta do xuízo do cineclube , a explicación nominal da orixe de yare, as confesións sobre método de escrita de enma, a celebración de tanta felicidade enunciada nunhas poucas- ou moitas- frases que soan a loucura cando caen na miña boca.
palabra de poeta que o paso ben. que me gusta o verso e a amizade.
palabra que me prestaba a sala aínda baldeira azul e verde.
:)
8.5.07
nove
guetaria, migala
angel, massive attack
going out of my head, fatboyslim
frecuencias de un rojo devastador, emak bakia
bluterflies and hurricanes, muse
your hand in mine, explosions in the sky
big calm, morcheeba
25 cravos, le glamour grotesque
like stars, colectivo oruga
casta diva, aria de norma de bellini
susan’s house,the eels
only you, portishead
polonaise, shigueru umebayasi, b.s.o. 2046
foi música de nove.
e nove foi premio avelina valladares. días de moito forito para celebralo. o 17 enfiamos cara a estrada a acabar de crelo ;) pero antes aparcaremos o 12 no casino de maniños, fene, a recitar con amigos a iso das 18:30. e ese mesmo día, dúas horas máis tarde, entramos en tropel de poetas na presentación dos poemas das ortigas de xía arias.
hai máis poesía que días...
