25.5.08

aldao lado na rede e outras propagandas

nestes meses, entre outras cousas, mariademallou dedicouse a xirar por garitos e outras feiras coa súa compañeira de aventuras poéticas e outros devaneos artísticos lucía aldao. de aí conservamos experiencias únicas como a do teatro campoalegre de porto -unha recomendación, ir ver á xente da caija geral de despojos que recitan da hostia-, a da poesía salvaxe de ferrol -en ferrol sempre atopamos un público tan entregado que dá gusto- ou a máis recente do carballiño, terra de poetas alimentados dunha incríble carne ao caldeiro.
e todo isto para dicirvos que cumpro promesa feita hai tempo ao deixarvos aquí unha pequena mostra da velada nas noites efervescentes de ferrol do pasado 2007.
lamento non ter mostras do arriba citado, aínda que para saber da poesía salvaxe podedes consultar o miraxes do 3/5/2008 -onde me convertiron en mónica lado na primeira parte do programa- e veredes uns segundos de recitado da carta da nosa cea desa noite e, sobre todo, outros poetas máis interesantes ca nós entre os que se atopa nada máis e nada menos que o xenial carlos oroza.

e así as cousas. o vindeiro sábado andaremos ámbalas dúas pola vila de mugardos cos versos a voltas.


10 comentarios:

Lúa Neghra dijo...

Benvida! Botábate de menos! Mágoa non vervos en Ferrol, ghuapas. Só puiden estar o sábado, pero Dios... Que salvaxada máis marabillosa.

Aquí, Víctor Díez, e Estevo Creus montándoa parda na Magdalena. A ver se atopo algo dun ghicho que se chantou cun báter no medio de Recimil...

mariademallou dijo...

ei que ghuai! miutas grasias polas recomendasións. o noso video é do ano pasado, a ver se me fago cunha copia do da poesía salvaxe :) que a teño a medio negociar.

saúdos . a ver se nos atopamos pronto

neno dijo...

ola!
temos que acordar unha data, unha noite ou unha mañá de sol...seguro que ao final chega sen acordála...
bicos.

mariademallou dijo...

si que temos,si. a ver se a vida nos xunta pronto :)

S. dijo...

¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶
¶´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´¶
¶´´´´¶¶¶¶¶¶¶¶´´¶¶¶´´´´´¶¶¶¶¶¶¶¶¶´´´´¶
¶´´´´¶¶¶´´¶¶¶´´¶¶¶´´´´´¶¶¶´´´¶¶¶´´´´¶
¶´´´´¶¶¶´´¶¶¶´´¶¶¶´´´´´¶¶¶´´´¶¶¶´´´´¶
¶´´´´¶¶¶´´¶¶¶´´¶¶¶´´´´´¶¶¶¶¶¶¶¶¶´´´´¶
¶´´´´¶¶¶´´¶¶¶´´¶¶¶´´´´´¶¶¶´´´¶¶¶´´´´¶
¶´´´´¶¶¶¶¶¶¶¶´´¶¶¶¶¶¶´´¶¶¶´´´¶¶¶´´´´¶
¶´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´¶
¶¶¶¶¶¶´´´´¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶¶
´´´´´¶¶´´´¶´´´´´´´´´´´´´´´´
´´´´´´¶¶´´¶´´´´´´´´´´´´´´´´
´´´´´´´´¶´¶´´´´´´´´´´´´´´´´
´´´´´´´´´¶¶´´´´´´´´´´´´´´´´
´´´´´´´´#####´´´´´´´´´´´´´´´´´
´´´´´###´´´´´###´´´´´´´´´´´´´´
´´´##´´´´´´´´´´######¸´´´´´´
´´##´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´#1´´´´
´´####´´´´´´´´´#´´´´´´´´´#o´´´
´#´####¸1´´´´´o#´´´´´´´´´´#´´´
´#´#####¸1´´´´´´´´´´´´´´´´#´#´
´#´######7´´´´´´´´´´´´´´´¢#´´´
´´#´######´´´´´´´´´´´´´###´´´´
´´´#######´´´´´´´######´´´´´´´
´´´´´´´´´´7#´´´¸#´´´´´´´´´´´´´´
´´´´´´´´´´´o####´´´´´´´´´´´´´´
´´´´´´´´´´´#´´´´#´´´´´´´´´´´´´
´´´´´´´´´´##´´#´´##´´´´´´´´´´´
´´´´´´´´´###´´#´´´##´´´´´´´´´´
´´´´´´#´´#´#´´##´´´ #´´´´´´´´´´
´´´´´´######´´´#´´#´´##´´´´´´´
´´´´´´#´´´´´###´##´##´##´´´´´
´´´´´´#´´´´###´´´¸´´´#´´´´´´
´´´´´´´#´´´1´##´´´´´###´´

mariademallou dijo...

mimá...
que pasensia...

Colectivo Literario Sacou dijo...

Está claro: a poesía debería ser editada en disco ou en video!!

Un libro non deixa de ser como unha partitura (mais ou menos)

Saudos desde o Colectivo e a ver para cando un recital en Noia

Manuel Lôpez

mariademallou dijo...

saúdos xentes de sacou. pois non digo eu que non molaba facer un convivio de poetas en noia...
:)

mariademallou dijo...

vamos, que o que quero dicir é que molaba
:)

igor dijo...

...stupendo o vídeo!