28.5.08

escribir do outro lado da ría

durante este maio tan outonal, a sorte e a poesía leváronme a miúdo á vila do paralaia.
comecei indo á biblioteca, a escribir poesía cun grupo de xente do máis agradable que me ensinou máis cousas das que, con certeza,  eu puiden ensinarlle a eles. pasámolo ben. falamos muito, lemos poetas do máis variado e rematamos con recital nun garito do lugar para mostrarlle ao mundo que era aquelo que facíamos cando nos pechábamos no antigo grupo escolar a maquinar entre libros.

despois tamén ía os luns ao instituto, onde, ademais de atoparme cos rapaces tamén me atopei un par de días co poeta que ten cu (e polo tanto ten medo:). alí fixen varias sesións cos alumnos que remataban sempre en poema colectivo. algún deles interpretado maxistralmente -todo hai que dicilo- polo poeta anteriormente citado. 
iso si, os poemas non teñen desperdicio. os rapaces son puro surrealismo, observen: 


ola, chámome leo, teño trinta anos e son drogadito anónimo
non escoito.
ao levantarme de cagar tropecei cos pantalóns.
vivo nunha tenda de campaña,
estou farto da tacañería desta casa.
estaba eu coa miña nai e co meu neto,
porque a miña muller deixárame
-que te fodan, travesti!
e a miña nai doume unha labazada que quedei teso.
por iso teño os ollos ben abertos.

comprei un action man
claro, como andaban de oferta,
valía 50 céntimos.

comendo peixe
parecía que a vida me sorría.

mexamos na cama
replicando polo baixo
mamá só entende de cremas para a celulite.

quería converterse nun home. 


flipante, que non? feito con retallos de vinte relatos. o mérito é dos rapaces, que escollen e ordean os versos, a puntuación do leo e miña. 



6 comentarios:

Amiga Atlántica dijo...

María, muchísimas gracias por contestar tan amablemente a nuestras preguntas.
Sigue escribiendo así de bien, todos te lo agradeceremos!!!
Un abrazo atlántico

paideleo dijo...

Benvida !!!.

A rapaza do arco dijo...

eih!! volviche! alégrome moito :D e xa vexo que aínda que o blog estivera parado ti andabas facendo mil cousas interesantes! si, si que é alucinante a imaxinación e o xeito que lle dan os rapaces :) Unha aperta ghrande

mariademallou dijo...

:)bo día a todos

Ovnis e Isoglossas dijo...

Boíssima a entrevista. Que boa ideia, umha entrevista a várias vozes.
Aguardamos, na casa, todos/as, essa nova entrega em forma de livro ou do que seja com muitas ganhas.
Bicos das terras berzianas.
PD/Actualiza também o meu blog, que há tempo que já nom aterra o ovni no blogspot. Desde há tempo voa no universo do PGL (www.agal-gz.org)

albagal dijo...

Ei!

Estivo moi ben o obradoiro.Pasámolo de marabilla. Creo que aínda resolvimos ben o recital. Se colgas algún vídeo ou algo, avisa.

Xa lles fixen publicidade de Nove, o teu novo libro, aos da Lonxa Literaria.

A ver cando voltas por aquí, se cadra, para unha presentación, ou algo, como dixo Suso.


Con agarimo,

Albiña :)