12.6.08

click!

entraba san xoan  ardendo e as tardes pasábaas ao fresco; preparaba a bolsiña da merenda e de súpeto antollábanselle fresas e piña e, ao peor, mandarinas, que xa non estaban no tempo, e mesmo aguacate! con tanto como o aborrecía. á sombra dunha árbore moi antiga que había no atrio dunha igrexa cercana agardaba pola caída do sol e a praia baldeira, entretanto revisaba traballos atrasados ou lía novelas de intriga e, ocasionalmente, libros de poemas. 

cada pouco chama á casa. cando vas vir? 

cando ía, varias xeracións de mulleres, algunhas que nin sequera coñecía, facían corro ao seu redor contaban anécdotas diversas do historial familiar co ánimo de ilustrala, calmar pequenos temores propios da circunstancia ou simplemente co de presumir acontecementos futuros baseándose en ancestros métodos de adiviñación. 

a ela todo iso divertíaa moito. 

volvía á cidade e cada vez as semanas se contaban en máis meses. a el tamén lle gustaba vela engordar e moitas veces sentaba a mirala cando se peiteaba despois da ducha. á tardiña saían xuntos para pasear. mentres andaban,  xogaban a imaxinar a vida das xentes que regaban as macetas nos balcóns dos edificios ou a calcular os tesouros minúsculos que os viandantes perden nas profundas bocas que abrían as reixas de desaugue da rúa.   

outras veces baixaban en bici ao parque. paraban preto do estanque e sentaban a merendar nos bancos que miran cara aos patos. os nenos corrían detrás das aves, ou obrigaban ás palomas a levantar o voo sembrando o estanque de plumiñas brancas. todo era ruído, berros de voces demasiado agudas e migas de pan humedecido que se pegaban nas solas dos zapatos. 

atópaste ben? maréaste?
non, é só que, non sei porque, púxenme un pouco triste. 
ás veces pasaba iso. os temores subíanlle polas pernas coma feras. para calmala, el pasaba a súa man sobre o ventre dela, debuxando aquela redondez.  
mira, aquela nena olla para ti. e mentres el dicía isto cun sorriso, a nena camiñaba cara eles con firme paso infantil. traía a man pechada e a vista fixa. parou diante dela. 

señora, tome e estendía a man na que había un caramelo de fresa desfeito en suores e outros calores de peto.  o caramelo é para o seu neno pero di miña nai que o ten que comer vostede porque aínda está aí dentro. coa punta do dedo índice facía unha leve presión na barriga dela. e non se poña triste porque non teño máis...

a pequena virouse para súa nai e deixounos alí pasmados, mentres se despedían timidamente daquela nena de enormes ollos. 

en chegando á casa el púxose coa cea e ela dobrou a roupa que estaba colgada no cuarto. en acabando, preguntoulle

amoriño, sácasnos unha foto?

era a primeira que tiñan xuntos


click!





19 comentarios:

osondaxordeira dijo...

é un texto preciso, maría.

por certo, escribinche un mail pero comezo a pensar que teño mal o enderezo...

bicos dende godot

Lúa Neghra dijo...

Que riquiñ@s estades na foto! Encantada de coñecel@ :) Unha aperta enorme e moitas, moitas felicidades!

mig dijo...

proba superada ;), que fermosura, que familia linda...

mariademallou dijo...

hehe... a proba (para os que non o sabedes) era facer un relatiño coas palabras aguacate, caramelo e reixa de desaugue)... así que aquí o está ;) fui mui divertido mig. un bicaso!!!

(si, mui linda;)

Cesare dijo...

hahahahaha
:D
:D

aquí en cáceres, partíndonos... :D

mariademallou dijo...

en cáceres!!! que envexa!bicos gordos...

Mariquiña Maricolas dijo...

Maruxía canto tempo sen saber de tí! Cada día jústame maís o que escribes. Bikasos.
Ana O'Connor

mariademallou dijo...

bicasos, miña irmá o,connor. eu tamén estraño muito verche ;)

igor dijo...

Mui boa foto...
Agora aqui já somos 4 a parabenizar-te.
Sim, desde a sexta-feira já somos 4.
Bicos

igor dijo...

Pode-lo ver já na casa dos ovnis e as isoglossas
: )

Sara Figueiredo Costa dijo...

Já aqui não vinha há uns tempos, desde que o blog parou um bocadinho, e agor adescubro a boa notícia. Parabéns! (Ou nora boa, que é como se diz aí, não?)
Felicidades desde Lisboa, Maria!

Sara

bandini dijo...

Bonito cuento, y bonita curva...
cuídate

A. Doinel dijo...

O sea, si el cuentito (lindo, por cierto) va de aguacate-caramelo-reixa de desaugue, lo tuyo van a ser gases.

Beso

Mr Tichborne dijo...

Parabéns polo conto!

...Só polo conto?

mariademallou dijo...

e por esa curva que medra cada día e que ten un pequeno mallou dentro!

:D

Manuel Lôpez Rodrígues dijo...

vaites, parece que o blog ficou estancado nesta última entrada; a ver se espabilamos....

saudiños desde Noia

unamighofisterrán dijo...

Aínda que tarde, mal e arrastro, felicidades artista!!
Ao bichiño non lle han faltar poemas, nin nanas, nin cabeseiras onde ghardar o millo para o pan debaixo do ombro e tal e cual...Bicos, bicos, bicos...

A TÚA NENA dijo...

que texto más dulce...como un caramelo apretado y sudoroso en la mano de una niña desconocida. Me encanta.

Saúdos.

torredebabel dijo...

noraboa x 2!