
señoras e señores: nove, pequeno e endemoniado libro que consumiu as paciencias da autora durante noite e noites, xa está entre nós, xa existe en papel e á maneira tradicional e en pouco tempo, días tal vez, poderá pedirllo ao seu libreiro de confianza alegando instintos poéticos e outros síntomas de insomnio.
edita a xente de fervenza a conto de avelina valladares, debuxa david rubín e escribe prólogos coma ninguén suso bahamonde. o resto xa é colleita dunha servidora.
agardamos, eu mesma tamén, a ter un tempiño e facer unha edición dixital libre para os homes e mulleres libres deste mundo virtual e do de máis aló.
para os nostálxicos da posesión física e amantes das edicións primeiras, aquí o está; un libro sobre o desacougo de habitar unha illa enquistada no lombo ferido dunha enorme balea.
esta nova, poden crelo, é motivo de sorriso grande para a autora, aínda que hai outros.
;)

18 comentarios:
tomamos nota! Na vindeira razzia en Galiza, nuns meses...
haberás festas de presentación, a ver se lle coincide algunha mr tichborne
;)
Parabéns mil, bonita! Xa teño gana de coñecer esta nova creación túa... E algunha outra que virá :d
... pois haberá que mercar ese libro. ...outro para a lista!!
Moitos moitos parabéns.
Manuel Lôpez
fermoso libro...
e fermosa portada
Bicos
e esas outras novas van ser propias ou alleas? :-)
Ainda mais umha vez, e agora por partida dupla, parabens!!!
Ja sabe onde estamos para o que precise.
bicos grandes, também de parte de Xende, que gosta de escuitá-la com F&A
Xenial. :)
moitas gracias a todos. as novas, ghanito, son propias e boas. o día dez tal vezse desvele tal misterio;)
un bico enorme para xende,igor, e para todos vós :)
boa mañá:)
Que ben! Parabéns! A ver se avisas das presentacións con tempo, que xa me tarda ir a algunha.
parabens linda! agardamos com imapciencia. beijos
hostia! volviches preñada de palabras... qué ben!
lástima de licor café...
;)
María,
cuando tuve en Coruña el mes pasao, garré "Casa Atlántica, casa cabaret" y prestome muncho muncho. Norabona pol tu trabayu.
Quedes linkada.
Besín dende Xixón,
Sofía Castañón
Noraboa por todo, polos proxectos que se cerran con éxito e os que comezan con tanta ilusión ^_^ A ver se te vemos axiña. Un bico grande
Alédame moito a nova...parabéns.
neno
ya que no es posible pa mi conseguirlo en papel esperare pa leerte por la red
enhorabuena
Bicos.
Ch.
Nove caeu na saca e alegroume a viaxe de volta a estas frías terras. Non o dixerín de todo, mais que libro tan fermoso, coas túas palabras, a presentación de fromhell e esa portada de Rubín... Noraboa.
Publicar un comentario en la entrada