3.7.08

encantos do correo postal



ela érguese tan cedo que o sol apeniñas quenta e, aínda en pixama ou con esa camisiña fresca coa que se envolve en verán, vai ata á cociña facer zume de seis laranxas. toma dúas pastillas, unha cápsula vermella que bebe con auga e unha píldora escura que sabe a caramelo.  mentres bebe o zume escribe nas follas coloreadas dun pequeno caderno que deixa cada noite sobre a mesa da cociña. e en tanto el dorme, ela fai pequenos paquetes nos que garda as notas que escribe e outros regalos. dous ou tres paquetes cada mañá, non máis.  o que levan dentro ela agarda que sexa do agrado de quen os recibe. 

cando el se ergue o día alédase e os dous almorzan leite e galletas que se esmigallan. 

alá polas doce, ela camiña ata os correos. alí pesan as caixiñas naquelas básculas nas que lle din vale tanto o seu desexo de sorprender ao seu amigo residente na alemaña ou son tanto en selos por alegrar a mañá da súa antiga compañeira de piso, hoxe veciña de cáceres.
 
e son catro pesos que ela paga felizmente, pensando que o presente viaxará en mans de empregados de correos curiosos que sopesarán o paquetiño imaxinando cal será a súa carga -sen chegar a abrilo, evidentemente, porque son eficientes e entrenados en cuidados os funcionarios dos correos- pero coa dúbida nos ollos, e de man en man, irán levando o presente ata o nome exacto que figura na etiqueta.  

e supón ela, pero isto xa só é pura imaxinación na que se entretén de camiño á casa, que cando cheguen os empregados á porta do destinatario en cuestión lle entregarán en man o pequeno envoltorio. e nese instante alongarán a partida e agardarán, de maneira non moi discreta pero cun sorriso cómplice, a que o recibinte abra o papel de estraza e desenvolva o pequeno regalo que ela preparou na mesa da súa cociña e que aínda leva na traseira unha frangulliñas de galletas de almorzo. de modo que o presente, coma as galletas, tamén sabe a esa casa na que se erguen tan cedo, cando o sol apeniñas quenta. 

pd: en xusto pago polos seus envíos, ela recibiu hoxe dous tebeos que agardaba dende había tempo. o funcionario que llos entregou petara en tres ocasións distintas á súa porta e ningún dos tres días dou con ela. cando por fin ela abriu e puido ser entregado o pedido, o funcionario agardou uns minutiños á porta e preguntoulle polo paquete timidamente. ela, sabedora da emoción que encerra o breve momento de descubrir o contido de algo que vén de lonxe, estirouno cara ao home e díxolle sorrinte por que non o abre vostede? 

5 comentarios:

o dos Ovnis dijo...

Haverá dous ou três dias (é que subir e baixar o Cebreiro leva muito tempo), chegou a esta humilde morada um desses pacotinhos. No nome das 2 pessoas e outras 2 pessozinhas que nela moramos, muito obrigado!
O livro, esteticamente precioso; e literariamente? Literariamente, como sempre, boíssimo. Leo de vagar, entre as horas dos dias, mentres almorço, ou mentres tomo o café de depois de comer, ou quando aguardo a hora de entrar a trabalhar...
Parabéns. E novamente obrigado.

mariademallou dijo...

alégrome muito que vos chegase e que o disfrutedes;)
é un pracer.
saúdos a todos!!!

Anónimo dijo...

MARIA MANDAME UNHA CARTIÑA......UNHA CARTIÑA CUN RELATIÑO,EU EICHE DE MANDAR OUTRA.PENSEN EN FASER UNS SOQUIÑOS DE MADEIRA DE BIDUEIRO PARA O CHURUMBEL ,TI QUE DIS.

Anónimo dijo...

SON BORJA.

mariademallou dijo...

que si e que es un solaso de persoa!!!!!