1.7.08

maldicións

quero denunciar á selección española por apoloxía do vandalismo e doutros delitos contra a saúde pública.

e si, aínda me dura o cabreo porque aínda dura o tema coma se fose o único que pasa no mundo e teño que aturalo todo o santo día.

no vistes el partido?!
non señora, na miña casa só prendemos a tele cando botan algo que nos interesa.


e ademais son unha reaccionaria porque son desas ás que lle gusta durmir e a iso non contribuíron os tarados que estiveron ata as dúas da mañá de antonte berrando na rúa e pitando baixo a miña fiestra.

(se eu celebrase así a entrega dos -poñamos por caso- premios nobel había de durmir en comisaria máis que seguro)

só me alegra saber que a eles aínda lle dura a resaca. 

que caia coma unha lousa sobre as súas cabezas de chorlito.

10 comentarios:

david rubín dijo...

amén!

d.

Sugar Kane dijo...

Eu sorte que me deito tarde, porque o barulho por aqui tb era de caralho ...

Manuel Lôpez Rodrígues dijo...

...foder!!! Acá en Noia houbo que soportar un altofalante a toda ostia berrando "a por eeelloooooss oeeee..."

...e xa non é cuestión de futbol, mais a xente non acha a comprender que o feito de ser galego non che obriga a ir coa selección española.

...eu en todo caso; pasei por toda Europa durante o campionato. Antes de todo fun de Portugal, pero despois fun ruso, sueco, grego, ruso de novo, italiano, e finalmente alemán.

...agora reivindico o dereito a que Galiza poda participar nos vindeiros mundiais. Un saúdo.

Lúa Neghra dijo...

Canta razón tes! O domingo case lle tiro algo á cabeza a unha señora que saía do parking de San Clemente co cativo no colo, vestido coa camiseta e coa bandeira por riba, dándolle á bucina e berrando "Arriba España!", e onte case lles pego lume a unhas bandeiras horrorosas que había penduradas dun balcón no Toural...

Anónimo dijo...

hai moitos xeitos de o clebrar: eu vin a un cunha bandeira de alemaña...

da república democrática alemana. E ben contento que ía. O que pasa é que unha antidemócrata.

Anónimo dijo...

onde di: "O que pasa é que unha antidemócrata".

debería dicir: O que pasa é que ti es unha antidemócrata".

Perdón.
5:13 PM



5:13 PM

A rapaza do arco dijo...

Buf!! Eu o luns estaba agardando a que deran no telediario o relatorio de accidentes por tal como ía a xente...
E o que nos queda, porque agora non vai haber quen os ature cos fumes subidos >:p

rui dijo...

sois una banda de anticonstitucionalistas, vos vais pudrir en el infierno! Con lo bonita que estaba la seleción! hai que aguantar sin durmir, mujer, que es por el bien de la patria.

(hei, que ninguén o tome a peito, é brincadeira!)

Anónimo dijo...

¡¡¡Oé, oé, oé ,oé, OÉ, OÉ!!!
Non vos preocupedes, rapaces, todo isto pasará e poderedes seguir facendo apoloxía da vosa cultura de "Espanha oprímenos e son moi malos porque non nos deixan falar en galego GUGUTATA", mentres vos cagades no puto sistema do nacionalismo espanhol que ten rabo e cornos e un tridente. Vós sodes o puto sistema e estades acabando con toda a nosa herencia cultural. A historia vaivos xulgar por iso.

O Raposo dijo...

Pois eu desfrutei un montón coa victoria de España, ben merecida por certo.
Eso si, non saín por ahí a dar berros e a bañarme nas fontes públicas porque eso paréceme unha parvada e un xa ten os seus anos.