11.7.08

o mundo é redondo e vira

e pouco menos dunha cuarta de grande. e mentres nada na escuridade o mundo exterior xira tan rápido como adoita facelo: na vila das mil aldeas prepárase para as festas de vran que abrirán -e por fin poderei velos- the ellas, o gran titiriteiro alakran estrea o ferreiro e o diaño na mellor das compañas, as xentes de maniños preparan unha deliciosa merenda de poetas para o xoves 17 (rememorando a do pasado ano), a balea de nove achégase ás costas de muxía para recalar alí o sábado 19 e outras cousas diversas pasan sobre a terra galega sen que o pequeno de mallou se sinta alterado por nada diso. el páirache ao caloriño alleo á loucura dos romanos que nunca deixan de sorprendernos e ata se espreguiza despreocupado e descoñecedor do delirio dos galos.

para o pequeno de mallou o mundo simplemente é redondo e vira.


14 comentarios:

neno dijo...

obrigado María...bicos

sara jess dijo...

heiche conxelar trufas das que fago eu, non das mercadas que provaches o outro día. e xa veráas qué ricas, o vindeiro día que me visitedes ti... e el?

:)

Ghanito dijo...

que curviña mais xeitosa vai aparecendo!

milin dijo...

felicidades por la curva de felicidad,
asi tambien por el libro nuevo,
aunque hace muxo que perdimos la pista es un placer leerte
un abrazo de milin

estibalizes dijo...

si. É un pequeno acróbata.

Que todo siga ben, maría!

tantas bicas.

Anónimo dijo...

PERO QUE BARRIJA MAIS CURRIÑA,CARALLO.....PARESES A DO ANUNSIO DE PREMAMA.JAJAJAJAJAJA

Anónimo dijo...

SON BORJA O ANONIMO IJUAL QUE O AUTOR DE LAZARILLO DE TORMES.

L&M dijo...

que fermosa essa barriguinha!beijos a moreas.

mariademallou dijo...

ghrasiñas a todos :) celebramos o verán mui alegres: eu nadando na praia e o pequeno de mallou nadando na súa barriguiña. divertímonos muito.
biquiños!

oko dijo...

fermosa barriga si. e o nove, fascinante

Sugar Kane dijo...

Oh ! Que maravilha :D

Jesús Malia Gandiaga dijo...

¡Felicidades!, María. Envidia me das, yo no me embarazo todavía. Aunque tu tierra en estos días me ha preñado de poemas.

Un beso.

mariademallou dijo...

;) boa estancia poeta! e feliz preñez literaria.

torredebabel dijo...

Noraboa!!!! que plenitude, que enerxía, que marabilla a vida que da vida.