10.7.08

vacacións no xardín botánico

comezo as vacacións e chega por correo o convite a pasear polo xardín botánico alá en coimbra. preparo maletas pequenas e deixo outros traballos resoltos para poder ter uns días libres de verdade, lonxe de toda ocupación que non sexa dedicación ao pracer e rañar a barriga. para máis axuda o teléfono móbil escarállase e eu escoito á xente pero a xente non me escoita a min...pode haber algo mellor? os astros conxúganse para que desapareza do mundanal ruído por uns días!

(se poden visiten en coimbra a iniciativa da casa da esquina arriba citada. tal vez nos vexamos entre as árbores centenarias. se non lles vai o evento recoméndolles igualmente que aproveiten o verán, que é pouco)

4 comentarios:

neno dijo...

que goste moito do paseo por Coimbra e teña coidado de non pisalos se é que están collendo setas.
bicos

A rapaza do arco dijo...

Si, o verán sempre chega a pouco (sobre todo se lle dá por chover)pero as vacacións son coma un rescate in extremis do estrés e o cansanzo.
Pásao moi ben e colle forzas :D

From Hell dijo...

que ben vives junito...
bicos

Manuel Lôpez Rodrígues dijo...

que o pases ben por terras lusas e ten ollo cos esquios.

Saúdos