hai en min unha tensión eléctrica como de treboada. é polo do poema. intento escribir un poema. pero na casa non podo . hai demasiado ruído, calor, está a tele, non aparece a libreta, os bolígrafos todos están sen tinta...ou é imposible concentrarse. na rúa nada mellora, o aire pesa, todo se volve tedio, ambiente de centro comercial, os peatóns baten uns contra outros, tócanme -iso invalídame completamente para pensar con claridade-, atopo alguén que me coñece, tamén me toca, especialmente a barriga. acabouse toda a concentración. paseo. ando moi rápido sen ir a ningures. sen sabelo, busco algún dos bares que me son propicios. pero nada mellora, nin un só verso.
nin sequera sei de que vai este poema que me carga.
cóbreme o café, se fai o favor.
de volta á casa resígnome.
en fin, mellor será que lea... dígome. e collo últimas cartas a kansas, regalo de sofía castañón e la bella varsovia. abro ao chou xusto por este poema. gústame moito.
la playa es otro castigo.
durante el día me lame
los pies a distancia y todas las sirenas
chillan para que me acerque, encienden
el horror con luces rojas.
como a los antiguos, a mí también
me niegan los placeres:
prefieres el bar, los amigos.
este exilio, querido,
es todo arena
ler sempre relaxa. e os mimos.
achégaste. non sei como explicarcho. o do poema. ten que ver co meu ánimo de felino enreixado. ti es un sol, escoitas caladiño.
contado en voz alta, sinceramente, parece unha parvada.
(supoño que aparvar diante da tele é o tratamento que recomendan os especialistas para estes casos. pero eu prefiro a sofía...)