12.8.08

a morte dos poetas


a morte prendeu no corazón do poeta dos pasos errantes. tomou a man do neno sen terra que despois foi home sitiado día a día pola nostalxia. abriulle o peito para instalarse nese lugar resitente que ocupaba a casa materna, o aroma do pan, o amor, a paz... a poesía. por terceira vez chegou aos pés da cama de mahmud e pronunciou o seu nome na lingua que a morte fala. e o poeta que cultivaba con prisioneiros e desempleados a esperanza, por esta vez, seguiu os seus pasos terra adentro.

así volveu a voz do poeta á memoria desta casa. trouxo con ela o aroma da córdoba dos versos no 2006, trouxo menos rosas e a cadencia do árabe, a mesa compartida e a mirada sorrinte que mahmud darwish foi para os novos naquela velada traducida. e de tal forma se cravou aquela serena mirada, que dende aquel día observa detrás dos seus poemas cada vez que a miña voz os toca para ti.
e mira como, amor, a canda o recordo daquela córdoba de poetas, vén hoxe tamén ángel gonzález, do que tanto gustas, confesando que nunca respondía aos que lle escribían, recomendando lecturas aos que brindábamos pola súa conversa e velando as madrugadas coma se iso fose dabondo para enganar á parca.

e xa ves, ti. que á parca non hai quen a engane nin con literaturas.

e hoxe non podo deixar de pensar, con dor de perda irreparable, como a morte asexa continuamente aos poetas que che leo, amor. cércaos ata que finalmente dá con eles e lévaos.
leva os homes que foron. porque a poesía, amor, será sempre.


4 comentarios:

sara jess dijo...

mais inda así non deixes de os ler.

chameite porque estaba en Lira e quería fotografar a túa tripa. mesmo collín o carro nunha arroutada e rematei en Cee. despois din a volta e andei toda a praia de Carnota, case que ate Caldebarcos. pero esa é outra historia que che contarei cando che vexa...

ai, e qué será será?

mariademallou dijo...

ais...eu andaba de xira con pan ;) lonxe da costa ata setembro
:(

estibalizes dijo...

grazas, maría. Como andas? Xa non te ves a punta dos pes?

Si, amósame esas fotos, plix. E todas as de uns mesiños para acá…

mariademallou dijo...

hehehe...xa case non as vexo;)