11.8.08

pan e insomnio


fin de semana con pan en allariz, celebrando que xa temos libriño con cd e que botaremos agosto fóra da casa repartindo bolos de cea polos palcos do país. días felices case como vacacións en terra tan ardente e regreso en noite estrelada cuberta de fugaces desexos.  

e onte pouco durmir e nada de soñar. iso foi o que me regalou esta noite con chuvia e suores. iso, e moitas voltas na cama, enredando e desenredando nas sabas... por algunha razón que aínda non alcanza a comprender o meu intelecto, as noites de insomnio son as mellores para encher as cabezas dos desvelados de preocupacións e problemas que á luz do día quedan, dalgunha maneira misteriosa, minimizados pola présa do despertador e a campaíña do microondas. a onde vai a angustia toda que impediu o descanso de noite cando te ergues? sabe alguén dicirmo? ou a angustia lle ten pánico á auga da ducha ou é un animal nocturno (e aleivoso). 

1 comentario:

Rosalía dijo...

Como todos os días pan de cea para que a glucosa alimente o meu cerebro e ler gustosa o teu próximo libro. Sorte