30.8.08

tensión

hai en min unha tensión eléctrica como de treboada. é polo do poema. intento escribir un poema. pero na casa non podo . hai demasiado ruído, calor, está a tele, non aparece a libreta, os bolígrafos todos están sen tinta...ou é imposible concentrarse. na rúa nada mellora, o aire pesa, todo se volve tedio, ambiente de centro comercial, os peatóns baten uns contra outros, tócanme -iso invalídame completamente para pensar con claridade-, atopo alguén que me coñece, tamén me toca, especialmente a barriga. acabouse toda a concentración. paseo. ando moi rápido sen ir a ningures. sen sabelo, busco algún dos bares que me son propicios. pero nada mellora, nin un só verso.

nin sequera sei de que vai este poema que me carga.

cóbreme o café, se fai o favor.

de volta á casa resígnome.

en fin, mellor será que lea... dígome. e collo últimas cartas a kansas, regalo de sofía castañón e la bella varsovia. abro ao chou xusto por este poema. gústame moito.

la playa es otro castigo.
durante el día me lame
los pies a distancia y todas las sirenas
chillan para que me acerque, encienden
el horror con luces rojas.
como a los antiguos, a mí también
me niegan los placeres:
prefieres el bar, los amigos.
este exilio, querido,
es todo arena


ler sempre relaxa. e os mimos.
achégaste. non sei como explicarcho. o do poema. ten que ver co meu ánimo de felino enreixado. ti es un sol, escoitas caladiño.

contado en voz alta, sinceramente, parece unha parvada.



(supoño que aparvar diante da tele é o tratamento que recomendan os especialistas para estes casos. pero eu prefiro a sofía...)

9 comentarios:

sara j. dijo...

lémbrase a "la pantera" de Rilke. ás veces estar así ten os seus premios. é preciso. sobre todo para ese poema. é precisa a treboada interna. creo. non sei. eu hai siglos que non escribo. un poema. hai siglos. fai mal. supoño. pero xa verás, cando saia. xa verás.

s.j. dijo...

mentres invento diálogos que non sei se valen. cuspo pra adiante. coido que escribir un só bo poema pode ser tan dificultoso como todo o guión que me queda por diante. dígocho en serio...

Jenny jirones dijo...

Yo que entraba nesta casa dixital pa ver la barriguina guapa y atopo estes palabres que te agradezco muncho muncho.
Tas guapísima, y se te nota en lo que escribes. Too llega, hai tiempu.

besines dende xixón

rui dijo...

A treboada seguro que descargará fermosuras (o teu berlín, mi madriña, poucas veces escoitei cousas tan lindas)

anllo dijo...

descubrín que inés, galiza minelli ou a vella tiñan blog. mellor dito, que a actriz que os interpreta tiña blog e decidín pasar por aquí
e teño que darlle os parabéns incluso por tres veces: pola obra, que xa vin dúas veces [en castro de rei o 17 e onte en riotorto], polo seu poemario berlín [que me encantou] e pola futura criatura

sorte con todo ;)

mariademallou dijo...

grasias xente comprensiva que me dades ánimos. do poema pouco se sabe, anda aí aí... do resto das cousas todo ben... fasendo pouquiño a pouco
be mui activo, rebuldeiro...dáme cada susto.
;)

Anónimo dijo...

¿Borraches o artigo anterior ou o soñei?

Marinha de Allegue dijo...

P A R A B E N S pola espera d@ meninh@!!!.

Unha aperta grande para @s dous.
:)

mariademallou dijo...

non, o artigo anterior foi subido só momentaneamente, estábao reecrbindo...
;)