10.9.08

de norte a sur

á tarde, desafiando esta calor de treboada que non dá descargado, saio pasear. detéñome uns instantes na frutería da esquina da rúa porque nunhas caixas que teñen á porta relocen unhas mandarinas cun cartel amarelo... que raro, penso, non é un pouco cedo para as laranxas mandarinas? se todo semella aínda agosto. e mais nesta cidade de árbol centenario onde nin sequera entran os temporais que acompañan na miña memoria a chegada do curso e as primeiras mandarinas aínda ácedas. na infancia, o outono empezaba co arrecendo da librería e ese sabor cítrico que prevén contra os catarros traídos polas molladuras. e iso, o asunto das choivas e dos temporais, das borraxeiras temperáns e o inverno perpetuo -digo eu que ten que ser iso, esa particularidade climática esencial-, iso estráñoo moito. faimen pensar nos anos pasados, na casa e na familia á que sorprende, tanto coma a min, que neste sur que habito apenas hai invernía.

semella outro país.

manda carallo... nin que galicia fora brasil.



(a foto foi tomada na semana santa do 2008 en touriñan)

9 comentarios:

Ex Traño dijo...

a verdá é que este recuncho do norte de africa parecese cada vez menos os recordos que un ten y non se sabe si foi certo o que recordamos ou e o sesgo da memoria....

so reocordamos o que nos impactou....
por certo recordote moi ben...
biquiños pra os dous...

Ghanito dijo...

pois imaxine vostede se estrañarei, que pasei dese inverno lene a vivir na Cidade do Vento

osondaxordeira dijo...

para min o curso comezaba exactamente igual que o dis...co sabor das mandarinas. grazas pola viaxe, mariquiña

un bico grande dende a cidade do norte

mariademallou dijo...

;) alégrame saber que non son a única que recorda os invernos da infancia diferentes!

Anónimo dijo...

Talvez as mandarinas sexan de Brasil, vai ti saber.

Anónimo dijo...

Esto que va que viene
que llevamos traemos
de un lado a otro
huesitos ganglios médulas
la voz el tacto dulce
el cristalino
el pubis
esto que cada noche
guardamos
frágil cosa
todo esto
qué es esto
sangre
aliento
piel
nada.

Idea Vilariño.

Tiña que deixarte un poema.

mariademallou dijo...

pois muitas gracias polo poema:)

Oscar dijo...

Isso me lembra um verso de um poeta daqui, que se chamava Al Berto - um verso que dizia " A queda da laranja pode provocar o poema?" Vejo que sim, há sempre um espírito atento para explicar a presença do pêssego, ou da laranja. Recomendaram-me o teu blogue, e fiquei feliz com o que vejo aqui. Tocante o texto sobre Mahmoud Darwish. Um beijo, da grande cidade mais ao sul!

mariademallou dijo...

que lindo que o grande Al Berto seja citado nesta casa ;) unha aperta oscar