4.9.08

en terras do condado

saiban iremos a dalo todo a salvaterra, porque a asociación, experta en montar grandes programas , merece iso e moito máis despois de tantos anos de loita e poesía que valeron para chegar tal día coma hoxe e berrar que ...


e saiban tamén que agardamos velos por alá. 


5 comentarios:

Noe - Ourense dijo...

hola bonita, O Sonoro Maxím tocou onte no festival e dixéronme que foi xenial.Un biquiño enormísimo para os dous corazóns que tes no teu corpiño.Non te esqueze, esta rapariga

Noe- Ourense dijo...

Bueno, teño que decir que O Sonoro é o novo grupo de Ico, Abraham e demais xente...xa sabes.

bicos

sara jess dijo...

cheghei tarde. fallos e infraestructura. non tardo en volver para esas fotos. promise.

mariademallou dijo...

ola noe, ao final vin o sonoro, pero só un anaco (porque estabamos mortos de cansancio)... pero molounos muito.

un bico enorme tamén destes dous corazóns;)

querida sara...agardamos ata a tardiña pero...tivemos que volver pra vigo. débesnos unha visita ;)

LM dijo...

nom tou tam certa de se se vende ou nom...


Demasiadas veces perdemos o noso tempo ollando para os de fóra e indignándonos por palabras no aire que pronuncian persoas como Steiner, deixamos correr os días en disputas decimonónicas en vez de mirar para dentro, para nós mesmos. E seguiremos así porque é a nosa natureza minifundiaria de matar ao próximo.

Asistimos, mais uma vez, a unha vella reclamación da denominada xeración dos 90: a renovación das formas, dos contidos, e novos espazos para a poesía. E asistimos, mais unha vez, á oposición dos centros literarios que temen morrer a mans dos fillos.

Eduardo Estevez incorpora, en xaneiro de 2006, unha tradición, amplamente desenvolvida noutras literaturas, á nosa: a participación do lector nos procesos de producción. Abre un dos primeiros blogs no noso eido cultural con esta temática. Grazas a el puidemos achegar os nosos comentarios, alterar liñas enteiras dos poemas ou propor ideas. Precisamente, esta innovación literaria é o argumento central polo que agora se lle retira o XIV Premio de Poesía Miguel Gonzalez Garcés.

Se, desde o ponto de vista filolóxico, é inadmisíbel confundir proceso poético de producción con obra ou produto final, desde o punto de vista do receptor non cabe máis do que pensar que sempre seremos unha literatura minifundista baseada no escurantismo. Por que? Pois porque se unha serie de persoas especializadas en litertura se deixan influir polas leas do sistema ata o punto de rexeitar os propios principios da escrita, que nos queda?

A poesía como xénero non é unha insipiración das musas senón o froito dun traballo de anos e anos, de longas sesións de correccións nas que unha coma ou un punto cambian completamente o significado do verso, na que un acento varía a métrica, na que unha grave altera a rima... se son os propios xurados e especialistas da literatura os que confunden o proceso poético co producto, se son eles mesmos quen negan o seu propio traballo formado e especializado afirmando que un bosquexo inicial é o mesmo do que unha obra editada, que nos queda?

Moi sinxelo: unha literatura que non se recoñece a si mesma co rango de producción especializada, un oficio sen rigor. Un escritor non é máis do que un instrumento dos deuses que non precisa ter unha formación que distinga elementos tan básicos como obra e rascuño, o escritor é aquel que decide o que o lector debe recibir...

Pois como lectora, como filóloga, négome a que me prohiban incluir os recursos da miña época na escrita (internet, os blogs,...), como lectora desexo unha formación literaria axeitada de aqueles aos que lles axudo a reclamar os seus dereitos de autor (os dereitos conlevan deberes) e como lectora expreso a miña indignación ante aqueles que prefiren gañar nos despachos o que non son capaces de gañar coa súa obra ainda que sexa a custa dun compañeiro de profesión.

Que nos queda? o minifundio literario.