16.9.08

medicina, filosofía e mecánica

vou a unha consulta: 

mire, é que teño unha dor forte aquí.
vai e vén?
non, é constante, dende que empeza estalle aí todo o tempo.
todo o tempo? 
cando estou deitada non. é sobre todo cando estou de pé.
pois entón, vostede mesma está dando co tratamento: procure descansar.

...
pero imaxínense que fora no taller e percibirán o absurdo do asunto:

mire, é que o coche mete un ruído raro.
vai e vén?
non, é constante, dende que empeza estalle aí todo o tempo.
todo o tempo?
cando está apagado non. é sobre todo cando imos circulando. 
pois entón, vostede mesma está dando co arranxo: procure non acendelo. 

6 comentarios:

igor dijo...

Se vostede é mulher, e esta embaraçada, tenha por bem seguro que os médicos lhe diram cousas assim, e ainda perogrulhadas maiores. E se depois lhe doe também quando descansa, procure fazer algumha cousa que nom lhe permita descansar, mas nom tam esforçada como para cansar-se...
Médicos...! Som quase tam ineptos como os economistas.

mariademallou dijo...

haha grandes consellos de poeta :) quedoume muita mágoa de non che ver ler o outro día. marchamos á tarde de salvaterra cansos pero contentos. un bonito fin de semana na compaña de amigos bos comas vós. enviareiche unha cousa ;9

rui dijo...

Ben, algo semellante ocorreu hai dous días, logo de semanas de avarías por fin a máquina quedou como nova, xa non se queixaba, entón díxenlle ao xefe do centro "agora o que hai que facer é non volver arrancala máis". Vexo que os doutores usan unha filosofía similar! O bonito de traballar con motores é que cando un che morre non veñen os familiares a queixarse.

Quedoume mágoa por non ter ido a Salvaterra.

mariademallou dijo...

foi unha fin de semana moi bonita a de salvaterra, a verdade, dentro de pouco escribirei sobre ela ;) (en realidade xa o teño escrito, pero sairá nuns días;)

agardo que o meu arranxo non sexa nada importante... usp!

igor dijo...

Obrigado Maria. Nós também gostamos de ver-vos. O Festival foi umha dessas citas estupendas onde em poucas horas podes ver, saudar e falar com dúzias de pessoas com as que há muito, muito tempo que nom coincidias. Xende passou-no em grande. Aldám passou-no em pequeno :)
Bicos para os (já dentro de pouco) 3.

xabier x xardón dijo...

boas maría,
permítome atuarte porque levo xa ben tempo lendo e relendo esta túa bitácora que tanto arrequece a un de humanidade e contacto co mundo palpable e máis cálido, respirable, de palabras que van sempre un chisco máis alá das palabras.
Logo de escoitar Berlín fiquei prendado desas ringleiras todas de palabras que semellan camiñar inocentes, mais sabendo ben pra onde van (pró máis fondo, pró máis tenramente descarnado)e sabénsose donas da vontade de naceren e camiñaren cara alí precisamente.
Así que parabéns e grazas por unha poesía feita vida ou, se che presta máis, viceversa.
Apenas unha nota a rodapé a propósito deste teu texto: uns versos dunha cantiga de berce coa que me arrolaba sempre a miña mai:
"arrurrú/ca tranca no cú/morreu teu pai/e quedaches tu"
unha aperta