2.9.08

inédito arsenio:

algúns tal vez saiban que foi virtude de avelina valladares que nove ande encarnado en papel polas librerías do país. en efecto, esta sorte que nin el nin eu buscabamos, caeulle do ceo por ser gañador da XI edición dese premio. da XI e non da X, como figura -erradamente- na capa do libro. e dirán vostedes... que importancia ten unha un pauciño? pois este pauciño moita, xa que detrás dese erro de imprenta agóchase outro de matices máis misteriosos e escuros -que eu non sabería explicar aínda que quixera- e que ten que ver con que os lectores deste pequeno, e tantas veces errado país, non poidan ler aínda os versos de ático. así é como se chama a obra de arsenio iglesias, poeta de verso precioso que gañou, el si, a X convocatoria feita en nome de avelina.
e saiban ademais, que ese libro é o único dos premiados nos últimos anos que queda sen publicar. agora, non me pregunten o porqué. misterios relacionados coa curia administrativa e vai ti saber que intereses, ou máis ben, desintereses dos que moven este e outros mundos.
eu pola miña parte, que tiven a sorte de ler os versos de arsenio naquel ano da X edición - ademais do pracer inmenso de compartir co poeta recitais e abrazos- envíolle a arsenio o meu apoio incondicional nesa peregrinaxe súa á procura de respostas que leva máis dun ano facendo sen meter apeniñas ruído.
ata que hoxe, por fin, alguén se fixo eco desta nova, que poden ler aquí. de corazón que agardo que valla de algo.
muita sorte, amigo.
;)

4 comentarios:

O´Fartura dijo...

Ola María:
Fun a mercar hai unha semana Nove á Libraría Sisargas de Monte Alto.
Tivérano e xa venderan os exemplares que lles enviaran.
Encargeino e agardei.
Valeu moito a pena a espera.
Abofé que sí.
Fixen na SINGRADURA unha pequena reseña que agardo che guste.
Unha aperta e grazas por NOVE.

mariademallou dijo...

muitas gracias fartura ;) como mola ter lectores coma ti, así de agradecido e mesmo pacientes!

arsenio dijo...

ola, maría :)
moitas grazas pola mención.
As últimas novas que teño son que o camiño vai seguir sendo longo, revirado e sen asfaltar.
Polo momento as obras da autoestrada non figuran nos orzamentos.
Por moito que dixese que si o concelleiro, só están estudando o proxecto.

mariademallou dijo...

non perdas a paciencia , arsenio...

;)