29.9.08

recital para ver

por cortesía do levantador de minas e virtude do youtube pódense xa deleitar co video do recital de peche do III congreso de novos escritores da AELG. unha tarde moi divertida chea de reencontros con amigos, paseos pola coruña coa barriga grande e poesía a esgalla. 

(como se me adiantou señor levantador, a min nin sequera me dou tempo de descargar a cámara!)

así pois, pasen e vexan a estíbaliz espinosa cantar e facer videos, a antía otero presentando, a enma couceiro recitando poesía, a celsiño contando cousas e lendo anacos de poemas, ao leo facendo o punkipoeta e a garcía de dios que te crew dándolle caña a celso emilio. 

5 comentarios:

r.r. dijo...

Paseino moi ben coa vosa actuación. Fíxoseme curtísima e levei a sorpresa de descubrir (ignorante de min) que temos aquí mesmiño ó noso carón a Lucía "LucindaWilliams" Aldao. Qué ben canta a &%$*+!

Jenny jirones dijo...

Qué chulo,
la pena ye tar tan lloñe.
Muy guapa la versión de "When september ends" by Aldao.
Un besín grande.

Costureira dijo...

Mariademallou, teño que te felicitar polo ben que o fixeches o venres en Cacheiras... A verdade é que o Pan éche moi recomendable ;-)

sara jess dijo...

ei, e a tripa vai in crescendo... chegarei a tempo para esas "afotos"... remato as miñas obrigas a mediados de outubro... a ver se entón. eu o sábado fun marchando discretamente que tiña todo un mundo por facer.

coidaráste moito mentres?

e que che coiden

beijos aos tres

mariademallou dijo...

nós tamén o pasamos mui ben lendo para tanto escritor (uf! que responsabilidade :) teño que dicir (especialmente a jenny jirones, que a primeira sorprendida de escoitar a aldao versionando "when septembre ends" fun eu...nunca sabes por onde che vai saír esa muller..
señorita jess, agardaba vela, pero xa me decatei de que claudicara.
a esa costureira muitas gracias polas palabras de ánimo... estrañarei pan durante estes meses que pararemos a xira...agardo poder volver aos teatros cando recupere a figura e gañe un pequecho!

saudiños everybody!