14.10.08

cousas que pasaban mentres ti encaixabas




os amigos do poeta despedíanse del poñendo voz aos seus versos e cubrindo de palabras a branca e fría palabra de mármol que é a morte.  iso pasaba o mesmo día en que ti decidías encarxarte ante a mirada sobria do home que fai as ecografías na seguridade social. entrementres, non acaba de callar outubro na cidade do vello olivo e abafaban as tardes coma de verán. tamén pasabamos noites en vela, pensando nos problemas da casa nova e no traslado e nin sequera o colacao calmaba tanta falta de sono. durmiamos realmente pouco e traballabamos demasiado. chamaban para convites de poetas e falaban de nove na prensa. estropeábase a lavadora por enésima vez e soñabamos con amigos dos que xa só recibimos novas en soños. 

estas e outras cousas insospeitadas pasaban no gran mundo que che agardaba mentres ti baixabas dirixíndote moi amodiño cara afora.

;) 

2 comentarios:

Roi Buligan dijo...

hoxe sae unha extensísima recensión de 9 asinada por Eyré en ANT, con valor engadido por ser dun dos popes, por ser dun poemario (en teoría menos vendible)e por ser consecutiva a outras no mesmo medio (algo inaudito). Mereces un 10...e un neno ben bonito!

Efory Atocha dijo...

Besos para ambos.

Ch.