3.10.08

domingueiros



este domingo estreámonos no extrarradio facendo un invento entre mig seoane, unha servidora e, como non, con colaboración do pequeno be incluída, que, polo de agora, dedícase só a dar patadas. a idea é facer unha serie de pequenas imaxes sonoras a través das cales poidan ver como resulta iso de embarazarse,  aínda que xa aviso de que a cousa non é autobiográfica! nada máis lonxe da miña intención que contárllela a miña vida ou a dos meus... 

poderán escoitarnos se son madrugadores ou teñen a mala sorte de traballar de mañán, porque me parece que imos cedo. alá polas dez ou a once, ou entre unha e outra hora. á hora dos crispis vamos, mentres lles ferve o café.

;)


8 comentarios:

Sugar Kane dijo...

Mola :)

Os não madrugadores sempre o podem escoitar em diferido por Internet.

rui dijo...

Qué fermosura de barriga, véñenme saudades daquel tempo no que eu agardaba pola miña primeira mulleriña.

Ghanito dijo...

que cousa mais bonita :-)

Lúa Neghra dijo...

Que mágoa!!! Lino tarde, bonita, pero sempre o podo escoitar na rede. Este B. debe ser o neno máis artista de GZ e aínda non naceu: fixo teatro, estivo en recitais, agora sae na radio... Bico enorme.

mariademallou dijo...

muitas grazas a sugar kane, que coma sempre, está en todo e no da rede máis! a barrighiña levámola ben, cada vez máis e máis grande :) e be si que leva artistadas feitas de carallo :D e quei quilómetros fixo polo país adiante!
saudos xentiña!
o domingo que vén, máis, xa a temos preparada!!!

sara jess dijo...

encantoume

Cesare dijo...

que envexa

Jenny jirones dijo...

jooo... qué semeya tan bonita, qué guapo´l proyeutu
un besín