23.10.08

poesía e retranca no lugar de valadares

aos de alí gústalles dicirlle barrio, pero tamén lles gusta dicir valladares e non por unha cuestión de gustos imos faltar á verdade. valadares éche un lugar como son as aldeas con hortas e tabernas e iso debe ser motivo de fachenda no medio da cidade olívica. o de valladares é un mal difícil de desterrar nesta cidade tan fina onde -como é a vida!- hai máis cabaceiras por metro cadrado que en moitos lugares do courel. 
pero todo isto...non vén a conto. o importante é que os veciños de valadares teñen a sorte de ter un centro cultural e recreativo no que ocorren moitas cousas que convocan sempre a bo número de xentes. para este domingo ofrecen a xornada de peche dun certame de improvisación oral no que se puideron ver dende regueifeiros ao máis puro estilo tradicional ata rapeiros, e mesmo facer un taller de iniciación á improvisación en verso. 
O caso é que para despedir os festexos planean para a tarde deste domingo unha cita con poetas retranqueiros que presentará unha servidora mentres o pequeno be a patea por dentro liricamente. Os nomes da cita, moito máis interesante ca o meu, non teñen desperdicio: antía otero, xabier cordal e os xeniais accidents polipoétics (un luxado velos en directo, recomendo non perdelos)

aí agardo velos a todos. hei de pasar lista

2 comentarios:

Cruz Martínez dijo...

Acabo de enterarme agora mesmo do evento...Mais agardo que todo saise moi ben...un grande éxito!!.Unha aperta.

mariademallou dijo...

teño que rectificar: hoxe souben que aos de valadares non lles gusta, para nada, dicirlle barrio!! o evento mui ben, gratificante, como se poderá ver no seguinte post

;)