8.10.08

toxos e alg-as



este sábado, que amencerá 11 de outubro, aqueles que non teñan plan á vista poden deixar que os seus zapatos os vaian levando ata o tranquilo barrio de valadares, na cidade do vello olivo, e pasar o día na festa que as xentes de alg-a organizan para presentar en sociedade o seu laboratorio. a celebración comezará ás 12 da mañá cunha sesión vermú e ten un longo cartel de actuacións (madamme cell, pepa e davide, mr carácter, mactubikan, chisco e davide salvado e as cantadeiras de valadares, o puto coke...) ao que aldao+lado se unirán nalgún momento desa tarde que se presenta tan dilatada. hai comidiña e cousas ricas e, por suposto, entretemento dabondo.
para atopar o lugar desta informal, á par que amena, reunión só teñen que chegar á altura do centro cultural valadares e preguntar pola finca na que os alg-as teñen situados os contedores que lles serven de abrigo, malia que se ve a simple vista se se ergue a cabeza ;)

alá nos veremos se se animan a coñecer a proposta do laboratorio de alg-a, que comeza a súa andadura non sen esforzos. todo un reto de cultura libre e accesible nestes tempos tan raros que corren. 

2 comentarios:

paideleo dijo...

Non sabía que estabas grávida.
Parabéns !.

mariademallou dijo...

hehe...estou gravemente grávida a esta altura ;)