13.11.08

seis

era mércores e invernaba frío de máis en compostela. viviamos nun ático grande que todas as visitas envexaban pero no que as treboadas aniñaban coma as persistentes gaivotas nos tellados. eu estrañaba a casa da costa, vivir o inverno coma na infancia, agardando por ese temporal que, coma conta miña nai ao outro lado do teléfono, agardan para a fin de semana.
era mércores, e invernaba, e eu preparaba as maletas para un congreso no monacal mondoñedo. e mentres miña nai e eu nos despedíamos por teléfono o barco a 28 millas de fisterra. recollíamos a cociña e aínda non o sabíamos, o do barco, que o temporal o batería, que había de partir, que todos haberiamos de partir un pouco e que despois viría a mentira e a dor e as mareas de xente e a rabia. e todo iso que acabou metido en nós. acabou meténdose no noso envexado ático, e na nosa vida, e nos nosos libros, e nos nosos poemas, e ata na música que escoitábamos e nos abrazos.
era mércores e tamén era o primeiro día dos días máis escuros que vivimos.
e van aló seis anos e segue o barco en nós.

7 comentarios:

Calidonia dijo...

E nós nun barco.

From Hell dijo...

Non sabía que hai seis anos se jodera un barco preto da costa da morte e puxera a costa perdida? Eu onde andaba? fumado?

mariademallou dijo...

si

paideleo dijo...

Eu acordeime hoxe mirando roupa. Parece mentira que se me pasase a data.

paideleo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
david rubín dijo...

ai!!!


d.

Mr Tichborne dijo...

Que barco? Aquilo fora un invento da prensa rojofacciosamasonaamarillista.
Fermoso texto.