29.5.08

preguntas e respostas arredor de berlín

as preguntas son feitas por un grupo de blogueiros aos que une o mar, as respostas son dunha servidora. eles son  Per Joan de El mar és el camí (autor deste regalazo de tradución!), O fartura da Singradura da Relinga, a besbe dos Beliscos pequenos, a amiga atlántica do blog Una mirada sobre la ría de Vigo, Marieque do Ponto de encontro, Noe de El observatorio de la Noe e o home dos homesdepedraenbarcosdepau. A todos eles muitas gracias polo interese e a lectura de compartida de berlín. foi moi divertido contestar ás preguntas de todos.

preguntas e respostas podedes velas nos seus blogs. a tradución do poema dezanove do libro aquí queda.  


dinou

has de saber, nen meu,
del port ocult de la ciutat,
construït entre les boires d’abril ares
per al negoci secret del te.
i que allà hi amarra el desig
en les nits emboirades.
i que hi ha una taverna,
un lloc petit que ens coneix com l'atlántico,
on les tripulacions dels mercants fantasmes
abriguen el seu cor de licors
i relaten històries fantàstiques
de les terres dels ametllers
sàpigue-ho, perquè entre elles,
hi haurà qui recordi versos preciosos,
cartes que mai no enviaren els amants,
escrites en llengües de distància.


teñan bo día señores e señoras, non se deixen enganar polas chuvias. 


28.5.08

escribir do outro lado da ría

durante este maio tan outonal, a sorte e a poesía leváronme a miúdo á vila do paralaia.
comecei indo á biblioteca, a escribir poesía cun grupo de xente do máis agradable que me ensinou máis cousas das que, con certeza,  eu puiden ensinarlle a eles. pasámolo ben. falamos muito, lemos poetas do máis variado e rematamos con recital nun garito do lugar para mostrarlle ao mundo que era aquelo que facíamos cando nos pechábamos no antigo grupo escolar a maquinar entre libros.

despois tamén ía os luns ao instituto, onde, ademais de atoparme cos rapaces tamén me atopei un par de días co poeta que ten cu (e polo tanto ten medo:). alí fixen varias sesións cos alumnos que remataban sempre en poema colectivo. algún deles interpretado maxistralmente -todo hai que dicilo- polo poeta anteriormente citado. 
iso si, os poemas non teñen desperdicio. os rapaces son puro surrealismo, observen: 


ola, chámome leo, teño trinta anos e son drogadito anónimo
non escoito.
ao levantarme de cagar tropecei cos pantalóns.
vivo nunha tenda de campaña,
estou farto da tacañería desta casa.
estaba eu coa miña nai e co meu neto,
porque a miña muller deixárame
-que te fodan, travesti!
e a miña nai doume unha labazada que quedei teso.
por iso teño os ollos ben abertos.

comprei un action man
claro, como andaban de oferta,
valía 50 céntimos.

comendo peixe
parecía que a vida me sorría.

mexamos na cama
replicando polo baixo
mamá só entende de cremas para a celulite.

quería converterse nun home. 


flipante, que non? feito con retallos de vinte relatos. o mérito é dos rapaces, que escollen e ordean os versos, a puntuación do leo e miña. 



25.5.08

aldao lado na rede e outras propagandas

nestes meses, entre outras cousas, mariademallou dedicouse a xirar por garitos e outras feiras coa súa compañeira de aventuras poéticas e outros devaneos artísticos lucía aldao. de aí conservamos experiencias únicas como a do teatro campoalegre de porto -unha recomendación, ir ver á xente da caija geral de despojos que recitan da hostia-, a da poesía salvaxe de ferrol -en ferrol sempre atopamos un público tan entregado que dá gusto- ou a máis recente do carballiño, terra de poetas alimentados dunha incríble carne ao caldeiro.
e todo isto para dicirvos que cumpro promesa feita hai tempo ao deixarvos aquí unha pequena mostra da velada nas noites efervescentes de ferrol do pasado 2007.
lamento non ter mostras do arriba citado, aínda que para saber da poesía salvaxe podedes consultar o miraxes do 3/5/2008 -onde me convertiron en mónica lado na primeira parte do programa- e veredes uns segundos de recitado da carta da nosa cea desa noite e, sobre todo, outros poetas máis interesantes ca nós entre os que se atopa nada máis e nada menos que o xenial carlos oroza.

e así as cousas. o vindeiro sábado andaremos ámbalas dúas pola vila de mugardos cos versos a voltas.


23.5.08

toc, toc




si, tamén eu me fartei de bater sempre contra os cálidos exercicios de morriña nos que me abandonei hai cinco meses.  digo eu que como cura de memoria xa foi tempo dabondo e que esta cidade do sur que me trouxo compañeiro e traballo e plans de casa nova e outras cousas que medran pouco a pouco ben merece que me entregre de novo ás  virtudes da rede. 

e sobre todo merece os agradecementos a quen volveu despois da morriña nestes meses de silencio. a todos os que seguíchedes petando nesta porta na que ninguén abría, saúdos agarimosos. 

se non fora por vós, calquera se animaba a escribir despois de tanto tempo. 

...

(a foto está tomada deste flirck)