tal vez sexa porque o día está gris, outonal e silencioso nesta cidade do sur, ou tal vez sexa simplemente que me desvelei ás oito da mañá e non tiña que facer, pero a parte lado de aldao+lado estraña máis ca nunca ir por aí ler e divertirse coa parte aldao. así que estivo facendo revisionado de clásicos e atopouse co segundo capítulo dunha serie de videos que nalgún tempo demos en chamar correrías poéticas e que recollen exactamente iso que o seu nome di.
na súa maioría, son videos gravados cunha cámara de fotos -que ninguén se faga ilusións de grandes filmes- pero ilustran momentos deses que, mentres suceden, semellan gloriosos e históricos malia que despois a historia ten cousas máis importantes que arquivar.
este que aquí queda era ademais unha débeda que tiña coas xentes da asociación axvalso de vimianzo, porque hai séculos que lles dixen que o subiría á rede e, mira ti, fixo falta unha noite de insomnio...
aí estamos, en abril do 2007 na vila de corme. música de igmig e outros espontáneos no bar lao e poesía para a tarde do domingo na lonxa. entre os poetas david creus, estevo creus, suso bahamonde, o convidado alemán chris werthman e unhas servidoras.
e estreando sitio en vimeo ;) xa lles contarei que tal nos vai por alí.

correrías poéticas aldao+lado. xarabal do roncudo 07 from mariademallou on Vimeo.