6.2.09

amigos e poetas residentes en...



igor lugrís e eduardo estevez convídannos esta mesma tarde á inauguración da exposición conxunta que permanecerá ata o 28 de febreiro na galería sargadelos de ferrol. igor leva os seus poemas+collages poesía para ler/poesía para ver, mentres que eduardo presenta ao mundo as fotografías do seu proxecto os veos da paisaxe. non sei se haberá pinchiños, o cal era de rigor, pero haberá dous poetas caralludos e inquedos deses que sempre lle andan dando á cabeza. así que a cousa promete. vaian aló, se poden, e envíenlles os meus parabéns.

non, lamentablemmente tampouco iremos á homenaxe a ferrín -dios...agardo que a providencia saiba perdonarme ese delito.- é que mallou comeza a estrañar ao pequeno de mallou.

4 comentarios:

A Raíña Vermella dijo...

Foi unha presentación do mais orixinal, ademáis da sorpresa das fotos de Edu (alomenos para min, que non lle coñecía esa faceta). E si, houbo pinchos :p

P.D: moitos parabéns, coido que non te felicitei aínda, pero non foi porque non me alede. Un bico para o pequeno e outro para mami ;)

mariademallou dijo...

que envexa...con pinchos e tooodo!

;) muitas gracias

From Hell dijo...

boa xente eses dous...
biquiños junito

LM dijo...

há um tempo para todo e com certeza haverá mais ocasions para cruzar-se...
beijos