
pois eu reclamo o meu dereito a que a miña lingua sexa a lingua da escola do meu fillo, porque el e eu queremos falala, aprendela e empregala en todos os ámbitos da nosa vida. de paso, reclamo o meu dereito a que sexa a lingua na que o meu médico me diagnostique, a lingua na que os policías me poñan as multas e na que me defendan os xuíces e me casen os alcaldes, que sexa a lingua na que me falen as telefonistas, secretarios, subsecretarios, directores xerais, subdirectores, administrativos de diverso tipo, porteiros e todos os funcionarios que me fan facer colas longuísimas. reclamo o meu dereito a que a miña lingua estea na radio, na tele,no cine e no teatro, nos libros, nos carteis e anuncios que se pagan cos meus cartos, que sexa a lingua na que me cobran a auga e o lixo, na que me embargan o coche, na que me notifican un certificado. e, en fin, reclamo o meu dereito de galega a que a lingua do meu país teña, na realidade, os dereitos dos que o castelán goza pola península adiante.
que carallo.
que carallo.

14 comentarios:
Eu tamén!
OCurreseme que podíamos organizar umha asociación para exixir a nosa liberdade para a escolla lingüistica,e facer umha web, celebrar manifestacións,etc...
Ainda que sexamos catro gatos seguro que imos ter umha presencia brutal nos medios de comunicación!!
...
Eu tamén.
:)
Exacto Sobhack, propoño tomar por asalto algo asi que xa estea funcionando e encher os foros de demandas dende O Outro Lado (que vén sendo este)
ola!
aquí, onde moran meus pes agora, non entenden moi ben o tema da lingua...o que máis me doe é que meus sobriños non respondan ás miñas preguntas, aos meus contos, na mesma lingua na que lles falo...
apoio o teu post ao 100%
bicos!!!
Eu non o podería dicir mellor.
saúdos.
si, a verdade é que me parece mellor facer fronte con cocteles e bos desexos, que con cocteles molotov.
É que logo non se da apagado, ho.
Nun podría decilo meyor.
(besín)
non estou en gz. no comentario referíame a asturies aínda que por aí tamén hai moita xente que non entende certos termos como identidade ou cultura..
"a pérdida de calquer idioma supón unha contracción, reducción e empobrecimiento da suma total da reserva de pensamento e coñecemento humán, expresable a través do idioma"
bicos
A solución é viver como se xa fose así, o mundo hase adaptar a nós... pero os meniños ben o ven, por moito que os pais vivan así, eles decátanse que a lingua forte de Galiza segue sendo o castelán. E unha asociación como a que fala Sobchak non tería o apoio do azul que fai levedar até a merda. Logo non tería presenza nos medios.
Biquiños para o pequeno.
Hola,
perdón por poner esto aquí, puede borrarlo una vez leído.
Solo quería que supiera de la existencia del directorio de blogs directorio-de-blogs.net, donde usted puede dar a conocer su blog totalmente gratis.
Saludos,
Mónica
E eu tamén.
bem falado!
Eu non falo galego pero me gustaría. Yo de mayor quería ser gallega. Y si ya he sido irlandesa e italiana, pues seguiré defendiendo que la gente haga un poco de gimnasia mental y aprendan,
siempre más lenguas no menos!!!!!!!
claro que si, M. Estou dacordo con rui en que hai que vivir como se. Ten que haber contaxio! Obras son amores! Bicoxx from x-pain!
Publicar un comentario en la entrada