a presentación do post anterior foi moi divertida; ler nove en terra atlántica, rodeada de amigos, en tarde de sábado ociosa aínda que fría, foi de verdade un pracer grande. agradecemos a colaboración do público que se animou a xogas ás películas con lu e os títulos e que que compuxeron un exquisito poema dadaísta que aquí queda.
de título, por ser máis coruñés, puxémoslle y luego
ah! se algún poeta contemporáneo atopa un seu verso entre os do poema pode reclamalo neste enderezo e devólveselle...
trazar para sempre un círculo que descargamos
como quen bebe a última cervexa e unha avoa.
así che medrou no peito un tambor de buxo, meu amigo!
así mesmo e con idéntico motivo
morrín sen escuras pretensións.
(texto íntegro)
teu paniño encarnado,
esta espera tan longa...
ven dunha vez.
dende unha mesa de café chamo por vosoutras.
o noso patio tiña fentos
maís seguramente habería...
non lembro.
quen eres -preguntaranche-quen eres?
dende onde as miñas verbas che magoan.
o lume é o destino polo que ninguén daba xa un peso.
de memoria: que se mesturase o noso sangue coa luz do día.
29.3.09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

4 comentarios:
Recoñezo "o meu" e boto de menos á Rosalía-aínda que non fose un verso e si un berro jajaja.
Recoñézoo mais... non o reclamo, que se non xa non sería un "texto íntegro" senon desintegrado.
Moita sorte María! ata outra :)
O do tambor de buxo é um verso que dá para muito...: http://www.flickr.com/photos/paraverler/2972635726/
Lidia, gracias por botarme de menos, pero se estaba alí tamén na presentación...
Desculpade, é que foron moitos anos dicíndome a xente que era "Rosalía de Castro"
María, disfrutei moitísimo na Nena Pepita.
Bicos atlánticos
coño! rosalía de castro bloguea!!!
canto me congratula
;)
Publicar un comentario en la entrada