exactamente aquí: en tremendo e incomparable marco, onde recitaron aldao+lado hai uns días para conmemorar o banquete de conxo. e malia que non houbo cuchipanda de verdade, si que houbo moitas poetas, un poeta -benaventurado el entre todas as mulleres- e un público encantador que aplaudía arreo todo o que pasaba naquel recuncho privilexiado do sanatorio de conxo. na capital mundial da movida mental (e cito a alguén aínda que agora non sei a quen) atopámonos con colegas e amigos aos que tiñamos muitas ganas de ver. o pequeno be tamén veu. atendeu muito, non chorou nada, portouse tan ben que ao día seguinte levámolo á titiritada coruñesa da que, por certo, tamén temos fotos. e para mostra...

que ben o pasamos.
pois iso: que o tour xa comezou. a ver se nos vemos.
;)
;)

2 comentarios:
qué lindo e qué boíño o BE.
praser telo coñesido. e mágoa o de lira.
beijinhos aos tres.
lara
eu tamén sinto o de lira...non demos feito a atender a todo.
fui un pracer atoparvos en compos.
biquiños tamén aos tres.
Publicar un comentario en la entrada