a presentación do post anterior foi moi divertida; ler nove en terra atlántica, rodeada de amigos, en tarde de sábado ociosa aínda que fría, foi de verdade un pracer grande. agradecemos a colaboración do público que se animou a xogas ás películas con lu e os títulos e que que compuxeron un exquisito poema dadaísta que aquí queda.
de título, por ser máis coruñés, puxémoslle y luego
ah! se algún poeta contemporáneo atopa un seu verso entre os do poema pode reclamalo neste enderezo e devólveselle...
trazar para sempre un círculo que descargamos
como quen bebe a última cervexa e unha avoa.
así che medrou no peito un tambor de buxo, meu amigo!
así mesmo e con idéntico motivo
morrín sen escuras pretensións.
(texto íntegro)
teu paniño encarnado,
esta espera tan longa...
ven dunha vez.
dende unha mesa de café chamo por vosoutras.
o noso patio tiña fentos
maís seguramente habería...
non lembro.
quen eres -preguntaranche-quen eres?
dende onde as miñas verbas che magoan.
o lume é o destino polo que ninguén daba xa un peso.
de memoria: que se mesturase o noso sangue coa luz do día.
29.3.09
25.3.09
20.3.09
galician pysco
Imaxinen por un intre que Castelao volve entre nós. Polo ao día do ocorrido nos últimos 50 anos. O tipo vese contento. Entón pregunta como lle vai á súa lingua nai e, con certa reticencia, acabas contándolle o de Galicia Bilingüe. Imaxinen isto e déanlle a Castelao un licor café para pasar o trago, que lle ha facer falta. Para explicarllo mellor poslle un vídeo de seioque.com (Sei o que nos figestes...).A imaxe é a seguinte: en plena manifestación a prol do bilingüismo aparece un tipo berrando na Galiza, en galego! e seis ou sete policías nacionais batendo nel. Castelao, alucinado, observa como detrás deles hai centos de persoas véndoo todo. Hai quen berra dale, dale! Todos aplauden. Castelao pregunta quen é esa xente toda? Son persoas que defenden a liberdade de escoller calquera das dúas linguas oficiais no territorio galego, dislle. Ti non queres enganar a Castelao pero habería que lle dicir que en realidade defenden a libre escolla do castelán, pero mira, está recén encarnado, imos aforrarlle o desgusto. Daquela o rianxeiro, que xa está pensando que maldita a hora na que saíu da caixa, atópase cunha charanga de músicos disfrazados de folclóricas con lunares. Non cabe dúbida, son dos que no hipotético país bilingüe escollen o galego. Van tocando o himno español... si, é a santa retranca. Iso a Castelao faino sorrir porque admira a habilidade dos seus compatriotas para armarse con humor no canto de balas. De súpeto a charanga atopa aos nacionais de antes, que os tratan coma delincuentes, moi distinto a como tratan aos que defenden as liberdades citadas. A esta altura Castelao xa está máis que confuso. Bilingüismo, pouco e liberdade menos. Máis adiante está Luz Fandiño, protestando pola brutalidade policial e apelando á memoria histórica. O auditorio de Luz son los del gallego e uns policías nacionais. Luz é unha resistente. Castelao pregúntache onde están a tal hora os políticos e candidatos que predican en galego. Considera que teñen unha débeda con esta muller. Mal lle explicas que nos tempos que corren o discurso en galego non sempre ten detrás un compromiso co país, nin sequera coa cultura. Castelao flipa. Mírate moi serio: entón... o tolo son eu?
(texto escrito para a obertura da revista tempos de marzo)
(texto escrito para a obertura da revista tempos de marzo)
4.3.09
a miña lingua, os meus dereitos

pois eu reclamo o meu dereito a que a miña lingua sexa a lingua da escola do meu fillo, porque el e eu queremos falala, aprendela e empregala en todos os ámbitos da nosa vida. de paso, reclamo o meu dereito a que sexa a lingua na que o meu médico me diagnostique, a lingua na que os policías me poñan as multas e na que me defendan os xuíces e me casen os alcaldes, que sexa a lingua na que me falen as telefonistas, secretarios, subsecretarios, directores xerais, subdirectores, administrativos de diverso tipo, porteiros e todos os funcionarios que me fan facer colas longuísimas. reclamo o meu dereito a que a miña lingua estea na radio, na tele,no cine e no teatro, nos libros, nos carteis e anuncios que se pagan cos meus cartos, que sexa a lingua na que me cobran a auga e o lixo, na que me embargan o coche, na que me notifican un certificado. e, en fin, reclamo o meu dereito de galega a que a lingua do meu país teña, na realidade, os dereitos dos que o castelán goza pola península adiante.
que carallo.
que carallo.
2.3.09
re-cargandose galicia
a esta altura da noite xa todos saberán que, efectivamente, chegou o momento de que eses señores de azul sigan cargándose o país. manda carallo...
dá medo.
boa noite señores. vou ler poesía, remedio de todos os males.
dá medo.
boa noite señores. vou ler poesía, remedio de todos os males.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

