
este sábado estaremos na tremenda casa que as palabras teñen alá enfronte de samil, recitando nove co pequeno be e compartindo espazo con nela e sr.pause. todo un pracer para nós.
e para vós, se vindes

exactamente aquí: en tremendo e incomparable marco, onde recitaron aldao+lado hai uns días para conmemorar o banquete de conxo. e malia que non houbo cuchipanda de verdade, si que houbo moitas poetas, un poeta -benaventurado el entre todas as mulleres- e un público encantador que aplaudía arreo todo o que pasaba naquel recuncho privilexiado do sanatorio de conxo. na capital mundial da movida mental (e cito a alguén aínda que agora non sei a quen) atopámonos con colegas e amigos aos que tiñamos muitas ganas de ver. o pequeno be tamén veu. atendeu muito, non chorou nada, portouse tan ben que ao día seguinte levámolo á titiritada coruñesa da que, por certo, tamén temos fotos. 